Coa finalidade de facilitarlle ao estudantado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre e tamén das probas de avaliación da segunda convocatoria, a Biblioteca Universitaria comezará esta próxima fin de semana cos seus horarios especiais, que se estenderán ata o domingo 14 de xullo.
Por unha bançda, as bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira terán deste este 27 de abril horarios especiais nas fins de semana, estando abertas entre as 09:00 e as 21:00 horas, tanto os sábados como os domingos. Ademais, terán os mesmos horarios os festivos do 1 e do 17 de maio e, en Pontevedra, o festivo local do 11 de xullo.
No que atinxe ás aperturas nocturnas, as bibliotecas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira ampliarán o seu horario ordinario ata a 01:00 horas de luns a venres, agás festivos, dende o 29 de abril ata o 28 de xuño. No mes de xullo, dende o día 1 ata o 12 de xullo, o horario nocturno rematará ás 00:00 horas.
Durante estes horarios nocturnos e de fin de semana, as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.
Ademais, entre o 1 e o 12 de xullo e coincidindo co período de redución da xornada laboral nos meses estivais, ampliarase o horario ordinario ata as 21:00 horas de luns a venres, agás festivos, nas bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira.
O resto das bibliotecas dos campus (facultades de Belas Artes, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Filoloxía e Tradución, Enxeñaría Industrial-Minas, Enxeñaría de Telecomunicación e edificio de Ciencias Experimentais) continuarán co horario habitual de 08:30 a 20:45 horas.
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL