• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Belén Riveiro gaña o Premio Nacional de Investigación para Jóvenes Matilde Ucelay

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
06/10/2022

A profesora e investigadora da Universidade de Vigo Belén Riveiro (Cerdedo-Cotobade, 1983) é unha das flamantes gañadoras da primeira edición dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, galardóns convocados polo Ministerio de Ciencia e Innovación para distinguir o mérito de investigadoras e investigadores menores de 40 anos que estean desenvolvendo un labor relevante recoñecido internacionalmente. Gañou na categoría correspondente á área de enxeñaría e arquitectura, modalidade bautizada como Premio Nacional Matilde Ucelay, en memoria de quen foi a primeira española en ingresar e titularse nunha escola de arquitectura e, anos máis tarde, Premio Nacional de Arquitectura.

Investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, o Centro de investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, e profesora da Escola de Enxeñería Industrial, acreditada a catedrática desde 2021, os principais logros da carreira investigadora de Riveiro están relacionados coa mellora da resiliencia das infraestruturas do transporte a eventos extremos, onde liderou diferentes proxectos competitivos, tanto de ámbito internacional como nacional, cun financiamento captado que supera os 5 millóns de euros. Segundo o fallo do xurado dos premios, dotados con 30.000 euros en cada modalidade, foi recoñecida “pola orixinalidade e impacto das súas investigacións, que radican na combinación de diferentes disciplinas para dar solución a retos actuais da enxeñaría estrutural”.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

“Hai que apostar pola investigación, con perseveranza e sen complexos”

Riveiro coñeceu a nova de que era unha das gañadoras esta mesma semana a través dunha chamada telefónica da ministra, Diana Morant, quen lle transmitiu as súas felicitacións “dun xeito moi próximo”, antes de que o ministerio fixese público este xoves a listaxe de gañadores e gañadoras. “No momento sentín unha alegría inmensa ao coñecer a noticia e compartila coa familia e amigos. Penso que o premio recoñece a dedicación á carreira investigadora, recoñecemento que, por suposto, se estende ao labor dos meus compañeiros do grupo de investigación de Xeotecnoloxías Aplicadas”, explica Riveiro. “Ao mesmo tempo, sinto que un recoñecemento desta magnitude compensa en certa medida os esforzos persoais realizados para percorrer un camiño que non sempre é fácil”, apunta a investigadora premiada, quen admite que este galardón reforza a súa convicción de que “dende a Universidade de Vigo e dende Galicia pódese desenvolver investigación de excelencia a nivel internacional, pero hai que apostar pola investigación, con perseveranza e sen complexos”. Neste sentido apunta que tras a chamada da ministra tivo tamén a oportunidade de agradecerlle a Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, por presentar a súa candidatura a esta distinción.

Máis aló da materialización formal e da dotación económica asociada, Riveiro subliña que o galardón leva implícito o recoñecemento da comunidade científica a nivel nacional que, “aínda que ten un valor que dificilmente se pode cuantificar, é o realmente importante”.

“Unha rapaza con moita curiosidade por entender o porqué das cousas”

Tal e como ela mesma recoñece na publicación Quero ser investigadora 2, editada este verán pola Universidade de Vigo para fomentar as vocacións científicas entre as nenas e as mozas, os principais logros da carreira investigadora de Riveiro están relacionados coa mellora da resiliencia das infraestruturas do transporte a eventos extremos,. Cos anos acabou centrando na investigación a súa actividade profesional, “foi ao descubrir que neste traballo non só dedicas tempo a executar tarefas que logo che permiten obter unha remuneración económica, senón que tes a certeza de que cada proxecto no que te implicas vai representar un avance para o coñecemento e, ademais, vai contribuír a resolver os problemas reais aos que se enfronta a nosa sociedade”.

A día de hoxe síntese afortunada de colaborar e poder traballar man a man con persoas ilusionadas en facer avanzar o eido da enxeñaría a través da investigación aplicada, “delas e deles aprendín a identificar cales son os retos importantes nese camiño”.

Investigación aplicada á resolución de retos actuais da enxeñaría

Doutora pola Universidade de Vigo (2011), Riveiro incorporouse como docente a esta institución no ano 2012 despois de exercer como profesora (Lecturer) da Escola de Enxeñaría Civil da Newcastle University, no Reino Unido. En todos estes anos acadou importantes avances investigadores en todo o que se refire á mellora da resiliencia das infraestruturas do transporte a eventos extremos. Dentro deste ámbito traballou principalmente na aplicación das xeotecnoloxías á monitorización e inspección da condición estrutural das infraestruturas, así como no desenvolvemento de novos métodos de avaliación estrutural mediante o uso de intelixencia artificial. En este sentido, foi recentemente galardoada cunha das prestixiosas Becas Leonardo 2021 pola Fundación BBVA para desenvolver unha liña de investigación punteira no uso da intelixencia artificial para diagnóstico estrutural e anticipación de colapso de pontes en servizo.

Esta non é a primeira vez que recibe un premio nacional, xa en 2017 a Real Academia de Ingeniería outorgoulle a Medalla Juan López Peñalver “polas súas contribucións á aplicación de técnicas xeománticas á monitorización dimensional estrutural de estruturas de enxeñaría civil e construción, así como aplicación de modelado 3D en cidades intelixentes”.

“No grupo de investigación de Xeotecnoloxías Aplicadas contamos cunha quincena de proxectos vivos financiados en convocatorias competitivas internacionais e nacionais”, explica a investigadora, quen recalca que, en xeral, o enfoque dos proxectos deste grupo é o de unha investigación aplicada á resolución de problemas e desafíos da sociedade, onde o denominador común é o uso das xeotecnoloxías en combinación con técnicas de tratamento avanzado de datos, como é o caso de diferentes técnicas da Intelixencia Artificial.

Máis de 80 publicacións e coautora de sete patentes

Ao longo destes anos Riveiro ten mantido colaboracións con investigadores e investigadoras de recoñecido prestixio a nivel internacional, sobre todo a través de estancias posdoutorais en diferentes universidades, entre elas a University of Cambridge e a Delft University of Technology, un dos centros de ensinanza superior máis importantes dos Países Baixos. “En total acumulo máis de 30 meses en estancias deste tipo no estranxeiro”, recoñece a investigadora. Como resultado da súa investigación publicou xa máis de 80 artigos en revistas indexadas en Scopus, con 106 coautores, 44 deles internacionais, e desde 2015 dirixiu sete teses de doutoramento. Esta intensa actividade investigadora trasládase tamén ao eido da transferencia, sendo coautora de sete patentes, tres delas licenciadas a empresas.

10 premios con nomes de muller

Ao seu currículo suma agora ser unha das gañadoras da primeira edición dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, galardóns cos que o ministerio pretende, ademais de facilitarlles aos investigadores novos unha carreira científica desexable e segura, fomentar as vocacións científicas e recoñecer a contribución das mulleres no ámbito da ciencias. Lanzáronse o pasado mes de maio con 10 modalidades, todas con nomes de investigadoras españolas ilustres, sobresaíntes en cada unha das súas respectivas áreas de coñecemento. Ademais de Matilde Ucelay, forman parte da listaxe de mulleres homenaxeadas Margarita Salas (bioloxía), María Moliner (humanidades), Gabriela Morreale (medicina e ciencias da saúde), Ángela Ruíz Robles (transferencia da tecnoloxía) ou a galega Ángeles Alvariño (ciencias e tecnoloxía dos recursos naturais).

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X