O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá en Vigo que volverán demandar a homologación das titulacións da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza (ESAD) para que estas teñan carácter universitario. A fronte nacionalista reiterou, ademais, o seu total apoio ao alunado no centro fronte aos casos de acoso por parte de dous profesores e que fican baixo proceso xudicial aberto.
O deputado e portavoz de Educación do BNG no Parlamento galego, Manu Lourenzo, acompañado pola deputada, Carmela González, e mais polo concelleiro do Bloque na cidade de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro cunha representación do alunado da ESAD no que puxeron en común diferentes problemáticas que atinxen o centro.
Lourenzo comprometeu que a fronte nacionalista volverá levar ao Parlamento galego o reclamo “xusto e irrenunciábel” de toda a comunidade educativa da ESAD para a homologación universitaria dos seus estudos. “Que a titulación da ESAD non teña a consideración de título universitario supón unha clara discriminación en relación a outros centros de arte dramática de Europa, e provoca importantes eivas para o estudantando, tanto nos seus dereitos como nas súas perspectivas profesionais”, denunciou o deputado nacionalista.
Entre as consecuencias desta situación “aberrante e inxusta”, Lourenzo citou dificultades para o acceso a becas universitarias ou problemas na homologación internacional do título. “Como resumiron perfectamente as estudantes: teñen todas as obrigas das ensinanzas universitarias pero ningún dos seus dereitos. É inaceptábel”, remachou.
Desde o BNG demandan unha aposta decidida para desenvolver “o enorme potencial” da ESAD, como plataforma para o lanzamento a nivel nacional e internacional do talento creativo de Galiza.
Pola súa banda, a deputada, Carmela González, reiteroulle ao estudantado o “total e incondicional apoio do BNG” fronte aos casos de acoso sexual por parte de dous profesorados que foron denunciados e que fican baixo un proceso xudicial aberto.
O alumnado manifestou a súa inquedanza perante a posibilidade de que o profesorado denunciado poida retornar ao centro antes de que se dite sentenza, fronte ao que González lamentou a falla de protocolos claros e eficaces que eviten que este tipo de feitos se poidan producir nas aulas e que faciliten e ofrezan garantías e acompañamento ás persoas que os denuncian.
"Queremos aulas libres de acoso sexual e de calquera forma de violencia machista", esixiu a deputada
Nuevo rodaje en Vigo para una obra audiovisual sobre la infancia y la nostalgia. Este es el proyecto que ha grabado en un local de la ciudad
La AEMET ha activado un aviso por fuertes lluvias en 48 municipios de la provincia de Pontevedra, incluido Vigo. ¡Esta es la previsión!
Arbo ha iniciado la construcción de una guardería municipal. El objetivo es que ya esté operativa el próximo curso escolar
Una cadena internacional desembarcará en Vialia Vigo con su revolucionario concepto de açaí. Así será la próxima apertura en la ciudad
La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL