O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado da Zona Franca, David Regades, asinaron este luns ante notario a compravenda dos inmobles de Areal 46 e rúa Oporto 1, o antigo Reitorado e o edificio anexo, que pasan agora a mans do Consorcio por un importe de 5,6 millóns de euros.
Segundo explicou o rexedor, a taxación valorou o edificio histórico do antigo Reitorado en 3,48 millóns de euros e o edificio anexo, en 2,12 millóns de euros. O importe total da operación xa foi transferido pola Zona Franca ao Concello de Vigo.
En declaracións por videoconferencia, Caballero considerou “bo que [Zona Franca] estea no centro e non illado da cidade”, en referencia á súa actual localización, no polígono de Bouzas. “Zona Franca ten que integrarse máis no tecido socioeconómico e na cidade e precisa dun espazo destas características”, estimou o alcalde.
Ademais, e desde o punto de vista municipal, o Concello de Vigo obtén 5,6 millóns de euros de liquidez e “as arcas municipais se reforzan”. Para Abel Caballero, despois desta compravenda “somos financeiramente máis fortes que antes e é un bo momento para selo porque veñen tempos difíciles e eu quero utilizar os recursos do Concello de Vigo en favor do conxunto da cidade”.
Pola súa banda, David Regades considera que “poder levar ao centro da cidade a sede de Zona Franca é un gran paso”, xa que con este traslado “poderemos achegar aínda máis a nosa xestión á cidadanía” e “volver, cunha sede propia, ao lugar onde naceu hai máis de 70 anos para ser o principal axente inversor de Vigo e a súa área de influencia”.
O delegado tamén fixo fincapé no feito de que este traslado permitirá liberar espazo nun polígono de alta demanda, como é a área de Bouzas, e poñer a disposición das empresas todo o edificio de 2.365 metros cadrados que ata o de agora ocupa a Zona Franca.
¿Quieres ver de cerca el concierto de Rozalén en Vigo? Consulta esta guía sobre la compra de entradas de su concierto en Castrelos
El Casco Vello de Vigo suma una nueva propuesta gastronómica y cultural. Así es el concepto de esta pareja que llega desde Buenos Aires
Este es el restaurante que ha ganado el premio a la mejor tapa del Vigo SeaFest. Un local que renacerá pronto con una "barra de marisco"
Vigo y su área protagonizan un programa de TVE sobre gastronomía. Paula Vázquez visita este pazo del interior de Pontevedra
A obra conta cun orzamento de 10 millóns de euros e durará arredor de 20 meses
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL