O Bloque Nacionalista Galego de Vigo pide rectificar o plan de tráfico despregado polo inicio do nadal ante o “caos circulatorio” que está a xerar na cidade. A fronte nacionalista cuestiona a insuficiente delimitación dos espazos peonís e que se apliquen as mesmas restricións ao tránsito en días laborábeis que na fin de semana.
“Estamos asistindo a un verdadeiro caos circulatorio, que ten o centro da cidade colapsado e que xera importantes dificultades para a mobilidade no conxunto da cidade”, denunciou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que instou ao Goberno municipal de Abel Caballero a deseñar con “racionalidade” un novo mapa de tráfico escoitando á veciñanza que leva xa moitos días a queixarse.
O edil nacionalista advertiu de que é o momento para modificar o plan ante a previsión de que este caos se agrave conforme se aproxime o período non lectivo a nivel escolar e das vacacións laborais. “É preciso rectificar para non seguir torturando ás viguesas e aos vigueses con atascos e retencións”, esixiu.
Igrexas asegurou que “non ten ningún sentido impoñer de maneira mecánica” as mesmas limitacións de tráfico en días laborábeis, con apenas afluencia de persoas nas zonas afectadas, que durante o remate da semana, provocando así retencións inxustificadas en numerosos puntos da cidade. O candidato do BNG trasladou tamén a “preocupación” das nacionalistas polos riscos que supón a escasa delimitación dos espazos peonís que, na maioría dos casos, carece de perímetro de valados, como ocorre por exemplo na Avenida de García Barbón. Ademais, demandou máis efectivos da Policía Local e de Protección Civil ante a insuficiente presenza nos puntos de maior conxestión.
Baiona adelantó su Entroido y celebró este sábado su desfile, que llenó de color las calles del municipio durante horas
El centro de Vigo acogió la primera edición del Kraneo Fest, un evento de cultura urbana que juntó arte, música, baile y moda
Tres años después del naufragio, Marín ha rendido homenaje a los tripulantes del Villa de Pitanxo fallecidos
Un estudiante del IES Pedro Floriani de Redondela fue el mejor de la Olimpiada Informática gallega. En abril competirá en la fase nacional
As persoas gañadoras pasarán á final española, o 5 de abril en Lleida - Ao longo de todo o día na Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL