O Bloque Nacionalista Galego de Vigo demanda realizar un exame "exhaustivo" do estado de saúde da araucaria excelsa da Alameda diante dos danos que presenta este exemplar centenario e catalogado. A fronte nacionalista urxe actuar para garantir o bo estado e a continuidade desta árbore singular e reitera a "irresponsabilidade" do Goberno municipal por pendurar nela adornos de Nadal.
"A araucaria presenta signos e evidencias de danos que poderían comprometer a súa saúde", advertiu o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que apuntou que esta árbore senlleira da cidade padece agora as consecuencias de ser utilizada como poste ornamental durante meses (os adornos foron retirados en xuño) e malia as continuadas denuncias realizadas, entre outras, pola propia fronte nacionalista.
Nese sentido, Igrexas chamou a analizar de forma "exhaustiva" este exemplar centenario para coñecer o alcance da deterioración, visíbel tanto na copa coma no tronco da árbore, así como adoptar todas as medidas necesarias para a súa correcta preservación. O edil do BNG denunciou que o estado desta árbore centenaria é unha evidencia máis da "política de maltrato" practicada polo goberno de Abel Caballero contra o arboredo da cidade que, a xuízo das nacionalistas, debe ser tratado como un "elemento esencial do ecosistema urbano» e non como un "mero adorno"
"Cómpre poñer fin a esta política arboricida, urxe unha rectificación completa que protexa o arboredo, que posibilita termos unha cidade máis sostíbel en termos ambientais pero tamén máis e mellor habitábel", subliñou o concelleiro nacionalista en Vigo.
Confirmado, vuelven los bonos turísticos para descubrir Galicia en otoño. Unas ayudas para escapadas y estancias que ya tienen fecha
El BNG de Vigo exige una rectificación inmediata de los recortes anunciados en la sanidad pública del área sanitaria viguesa este verano
Abel Caballero destaca el carácter "generoso" de Vigo al dar servicio a municipios como Medina del Campo, Sanabria o A Gudiña
El Concello de Vigo anuncia cambios en los horarios de algunas bibliotecas y salas de estudio para los meses de verano. Consulta las modificaciones
O edificio Redeiras acolle esta exposición que permite coñecer a figura de Isaac Díaz Pardo. A mostrará poderase visitar ata o 9 de xullo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL