O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar ao Goberno local de Vigo o despregamento dunha «ofensiva municipal» fronte a proliferación das casas de apostas e salas de xogo na cidade.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que arestora son máis de 20 os locais de casas de apostas instalados nun bo número de barrios da cidade, un fenómeno que cualificou de «ameaza social, nomeadamente para a mocidade e as persoas en situación de vulnerabilidade no actual contexto de crise». Neste sentido, advertiu de que «as apostas, os xogos de azar e a ludopatía son un risco real e constitúen unha verdadeira estafa social que se ceba sobre todo cos sectores sociais de menores recursos».
Desde o BNG propoñen tres medidas concretas para a súa posta en marcha por parte do Concello. En primeiro lugar, demandan que coincidindo co inicio do vindeiro curso escolar se despregue unha «intensa campaña de prevención e sensibilización, enfocada especificamente á mocidade» para contrasrrestar a «publicidade descontrolada que intoxica con mensaxes que tentan banalizar as apostas e presentalas como unha opción de lecer». Chaman, ademais, a intensificar e endurecer as restricións urbanísticas e a aumentar a fiscalidade municipal para dificultar a actividade das casas de apostas. Por derradeiro, instan a intensificar as inspeccións por parte da Policía Local para garantir de maneira esixente que se cumpra a normativa, nomeadamente a impedir o acceso de menores.
«Non podemos ollar para outro lado mentres as casas de apostas siguen facendo negocio arruinando os nosos barrios. O Concello ten que plantarlles cara», reclamou o portavoz municipal nacionalista.
La firma del grupo Inditex, Oysho, prepara el traslado a su nueva macrotienda, pero su anterior local en Príncipe no estará vacío mucho tiempo
Vigo recupera un conocido local junto a la ría. Celebra una fiesta de inauguración para presentar su "terraza al mar" y sus tres ambientes
Vigo aprobará de forma definitiva el proyecto de urbanización para el futuro centro comercial frente a Navia. Sumará marcas como Aldi o Jysk
Concello de Salceda y Zona Franca se reunieron para abordar la construcción de un gran Centro de Negocios en el municipio
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL