A Asociación Veciñal de Teis vén de denunciar a falta de mantemento do paseo do borde litoral da Guía que percorre dende o campo de fútbol até a Praia da Lagoa. A asociación pide ao Concello de Vigo que se encargue deste espazo realizado no ano 2010 polo Ministerio de Medio Ambiente.
“Este paseo que era unha vella reivindicación veciñal, que conseguimos logo de moita anos de presión veciñal”, lembran dende a asociación para explicar que “hai quince días presentamos un escrito no Concello de Vigo, denunciando a falta mantemento e o abandono deste espazo, polo de agora sen resposta”.
Denuncian que non se roza a vexetación e a iluminación do paseo non funciona, ademais dunha falta de mantemento dos espazos verdes. Segundo explican, “a vexetación invade tamén a baixada a praia do Cabrón e a varanda de madeira esta deteriorada”.
Así, solicitan que se corten as silveiras, “que nalgúns tramos xa ocupan o paseo” e se repoña tamén un pivote que impida o paso de vehículos pola vía de servizo. “Os coches ocupan unha das zonas verdes”, lamentan.
Dende a Asociación Veciñal de Teis consideran “escandaloso a falta de mantemento por parte do Concello de Vigo deste paseo” e apuntan que “esta situación require unha actuación urxente do Goberno municipal” para garantir o bo estado das zonas verdes en Teis.
La Xunta da un nuevo paso para la construcción de la futura senda peatonal y ciclista entre Navia y Nigrán. Así es el proyecto
Ambos municipios están hermanados. El alcalde de Tui participó en la inauguración de este espacio nuevo en la ciudad alemana
Centenares de personas entonaron cánticos y portaron mensajes en Vigo contra la especulación: "Cos prezos deo aluguer non chego a fin de mes"
La firma del grupo Inditex, Oysho, prepara el traslado a su nueva macrotienda, pero su anterior local en Príncipe no estará vacío mucho tiempo
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL