• Festivos Vigo 2027
  • Alerta calor Vigo
  • Parque acuático Galicia
  • Estreno Vigo película
  • Humanización en Vigo
  • Novedad Cunqueiro
  • Entradas Castrelos
  • Ribeira Sacra
  • Playas Cíes
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Docentes da UVigo realizan un catálogo para mellorar a presenza feminina na industria dos videoxogos

Docentes da UVigo realizan un catálogo para mellorar a presenza feminina na industria dos videoxogos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/03/2023

En España, Barcelona e Madrid, sede das grandes empresas multinacionais, aglutínanse case o 50% dos negocios relacionados cos videoxogos, un dos sectores máis estratéxicos da industria cultural, pero tamén un dos máis masculinizados. Trátase dun negocio, relativamente novo e en continuo crecemento,  pero tamén moi fragmentado, pequenos estudos e traballadores autónomos fronte a grandes empresa, e no que facerse un oco a nivel profesional non sempre é doado, sobre todo se es muller e vives lonxe das grandes capitais. Así se reflicte no estudo "As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo", financiado pola Cátedra de Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, e cuxos resultados poñen sobre a mesa, ademais dun pormenorizado debuxo da situación actual do sector na provincia, todo un catálogo de propostas dirixidas a potenciar o papel das mulleres neste sector, ideas que pasan, sobre todo, por empoderar e darlle visibilidade ás profesionais que foron capaces de facer desta cuestión, “para moitas a súa gran afección”, a súa profesión, xa fose por conta propia ou allea, dentro ou fóra de Galicia.

O estudo correu a cargo dun equipo multidisciplinar de sete investigadores e investigadoras dos grupos de investigación de Tradución e Paratradución (Óscar Ferreiro, Ramón Méndez, José Yuste e Lara Domínguez) e Bifega-Bitraga (Sara Torres, Silvia Pérez Freire e Ana Luna), e a presentación de resultados tivo lugar este martes no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da man da investigadora principal, Sara Torres, profesora do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.

Másnoticias

Una conocida cadena ofrecerá su gran novedad en Vigo con sabor a un clásico de Galicia

Una conocida cadena ofrecerá su gran novedad en Vigo con sabor a un clásico de Galicia

27/07/2026
Vigo inicia una humanización millonaria que provocará cortes de tráfico hasta el fin de las obras

Vigo inicia una humanización millonaria que provocará cortes de tráfico hasta el fin de las obras

27/07/2026

Un sector con moitas barreiras de entrada para as mulleres

Para a posta en marcha do estudo partiuse de identificar a presenza feminina no sector do videoxogo na provincia de Pontevedra, caracterizando as dificultades e barreiras existentes no acceso á profesión, así como tamén as oportunidades e as fortalezas. Feito isto, elaborouse un catálogo de estratexias de mellora da situación actual coa finalidade de reter o talento existente na provincia. “O que fixemos foi identificar as principais dificultades a vencer e recomendar accións dirixidas ás futuras profesionais do sector que redundarán positivamente en toda a industria”, salientou Torres.

As principais dificultades a vencer clasifícanse, a xuízo deste equipo de investigación, en tres grandes categorías: as propias dun sector relativamente novo, tecnolóxico e moi masculinizado. “O sector dos videoxogos está moi fragmentado segundo a diversidade de empresas e pouco organizado respecto aos apoios institucionais”, explicou Torres, quen salientou que para a maior parte das mulleres que participaron no estudo traballar no sector do videoxogo semellaba a priori un inalcanzable, tanto porque parecía incrible traballar nalgo co que desfrutas como pola dificultade de iniciarse nesta industria. Elas lográrono, en gran medida emprendendo actividade como autónomas “máis como obriga e posibilidade que como elección ou vocación” e, xa posteriormente, en pequenos estudos locais, teletraballando para empresas foráneas ou emigrando, vén sendo a cidades como Barcelona ou a nivel internacional, por exemplo, Gran Bretaña.

Respecto ás barreiras de acceso ao mercado laboral, Torres salientou que a incorporación de máis talento feminino ao sector do videoxogo redundará positivamente na industria, contribuíndo a crear contornas de traballo máis igualitarias e produtos menos estereotipados, “en definitiva, incluír o talento femenino nos procesos de creación, transcreación, tradución e paratradución de videoxogos asegura paratraducir unha mirada feminina nun dos sectores máis estratéxicos da industria cultural na era dixital”, recalcou a autora principal do estudo. Para que isto chegue a ser realidade é preciso, tal e como subliñaron na rolda de prensa, que o emprego feminino abranga un abano máis amplo de postos dentro do sector como programación, tradución, deseño, produción e xestión, entre outros.

“Síndrome da impostora”

En relación co feito de que se trata dun sector moi masculinizado, tanto no xogo como a nivel laboral, a responsable do estudo considera que os freos autoimpostos poden resumirse no denominado “síndrome da impostora” que fai referencia á sensación de neófita recén chegada “que sofren moitas mulleres que traballan neste sector e que lles xera inseguridade, reduce a súa participación e bloquea a súa capacidade de iniciativa”.

Base de datos sobre expertas en videoxogos 

Como se pode corrixir esta situación? Cara a onde deben encamiñarse as accións de mellora? Entre outra medidas, o equipo de docentes da UVigo fai fincapé na necesidade de empoderar as mulleres con formación no sector do videoxogos. Trátase de fomentar o emprego feminino nesta industria a través da creación dunha base de datos de mulleres profesionais e potenciais traballadoras do sector do videoxogo en Pontevedra, “unha ferramenta útil para as empresas, que una oferta e demanda”.

Por outra banda, recomendan tamén o impulso dun programa de mentorización coas mulleres que traballan neste sector dentro e fóra da provincia. A idea é, tal e como recalcaron, aproveitar as experiencias das mulleres que foron quen de introducirse no sector e teñen experiencia, como autónomas, traballadoras por conta allea ou amba, nun programa de mentorización “que anime e potencia ás mulleres novas a introducirse neste sector”.

Neste particular catálogo de medidas resaltouse tamén a necesidade de promocinar aquelas propostas dirixidas a difundir roles igualitarios de xénero, tales como charlas e actividades de promoción dos videoxogos e da cultura da igualdade nos centros educativos.

Temas: feminismoigualdadUniversidad de VigoUniversidade de VigovideojuegosVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Muere la ballena que apareció varada en una playa de Galicia y que remolcaron a mar abierto
Enfoque

Muere la ballena que apareció varada en una playa de Galicia y que remolcaron a mar abierto

...

PorEuropa Press
27/07/2026
Denuncian el "deterioro" del Louro en Mos y piden "medidas urgentes" para su puesta en valor
Enfoque

Denuncian el "deterioro" del Louro en Mos y piden "medidas urgentes" para su puesta en valor

...

PorPaula Carballo
27/07/2026
Una conocida cadena ofrecerá su gran novedad en Vigo con sabor a un clásico de Galicia
Enfoque

Una conocida cadena ofrecerá su gran novedad en Vigo con sabor a un clásico de Galicia

...

PorMetropolitano
27/07/2026
Vigo inicia una humanización millonaria que provocará cortes de tráfico hasta el fin de las obras
Enfoque

Vigo inicia una humanización millonaria que provocará cortes de tráfico hasta el fin de las obras

...

PorSara Rodríguez
27/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X