• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Dous catedráticos da UVigo reciben cadansúa Medalla de Investigación 2023 da RAG de Ciencias

Dous catedráticos da UVigo reciben cadansúa Medalla de Investigación 2023 da RAG de Ciencias
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/10/2023

Polas súas traxectorias singulares e consolidadas, a Real Academia Galega de Ciencias acaba de outorgar aos catedráticos da Universidade de Vigo David Posada e Fernando Obelleiro cadansúa Medalla da Investigación 2023. Estes galardóns, que se entregan dende hai cinco anos a cinco científicos e científicas das universidades galegas, tratan de poñer en valor as traxectorias científicas desenvoltas en Galicia ao tempo que buscan fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas e difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos.

Xunto con Posada e Obelleiro, nesta ocasión foron distinguidos tamén con estas medallas Aurora Grandal e Ricardo Cao, da Universidade da Coruña, e Jesús Salgado, da Universidade de Santiago de Compostela. A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro mércores 4 de outubro no Pazo de Fonseca, en Santiago.

Másnoticias

Caballero celebra el inicio de una nueva "gran obra" en el barrio más poblado de Vigo, Coia

Caballero celebra el inicio de una nueva "gran obra" en el barrio más poblado de Vigo, Coia

23/07/2026
Un mes para que Galicia viva un histórico eclipse total, así se verá en cada concello

Galicia ultima todo para vivir el mágico eclipse de agosto, habrá autobuses especiales desde Vigo

23/07/2026

Unha referencia en xenómica

Catedrático do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, David Posada recibe a medalla Ángeles Alvariño González no eido da Bioloxía e as Ciencias da Saúde. Vigués de nacemento, tras rematar a súa formación nas universidades de Santiago e Vigo, completou a súa especialización no estranxeiro, principalmente nos Estados Unidos, incluíndo unha estadía no Centro de Investigación do Cancro do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. Poucos anos despois tivo a oportunidade de regresar a Galicia como investigador Ramón y Cajal e foi aquí onde desenvolveu o resto da súa carreira. En 2007 converteuse no primeiro galego en obter a prestixiosa bolsa ERC Stating Grant e en 2013 conseguiu a Consolidator Grant.

As súas liñas de investigación enmárcanse no campo da evolución molecular e a bioloxía computacional. Destacan os seus achados para a reconstrución de árbores filoxenéticas a través de ferramentas bioinformáticas; así como os seus estudos sobre a orixe e evolución do VIH, virus causante da SIDA. Actualmente lidera o grupo de Filoxenómica no seo do Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo, que se centra na evolución molecular de xenomas, células, poboacións e especies.

Para realizar as investigacións sobre estes temas, combínanse ferramentas de diferentes campos como a bioloxía, a estatística e a informática. Recentemente, o grupo iniciou unha nova vía de investigación no tratamento do cancro e na xenómica unicelular, e realizou diversas contribucións no contexto da pandemia da covid-19, como a creación dun consorcio cas tres universidades e os sete grandes hospitais galegos para a monitorización da evolución xenómica do SARS-CoV-2 en Galicia. Ademais, é coautor de dúas patentes sobre marcadores xenéticos de centola e é o único español cun artigo entre os 100 máis citados da historia da ciencia.

Precisamente por toda esta traxectoria desenvolta en Galicia, Posada destaca que “é un orgullo recibir un premio dunha academia galega” e lembra que “a ciencia nunca se fai soa, por iso representa un recoñecemento ao labor de todo un equipo de persoas que me acompañaron ao longo destes anos. É unha distinción para os membros do meu laboratorio e para toda a xente da que fun aprendendo neste tempo”.

Importantes achegas no electromagnetismo computacional

O catedrático do Teoría do sinal e comunicacións Fernando Obelleiro tamén desenvolveu a súa carreira profesional en Galicia. Estudou Enxeñaría de Telecomuncación na UVigo e doutorouse tamén na universidade olívica, onde é profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dende 1996 e catedrático dende 2002. A RAGC outórgalle a medalla Isidro Parga Pondal na sección de Ciencias Técnicas por ter desenvolvido xunto co seu equipo un método no campo do electromagnetismo computacional que supuxo un cambio na dirección das investigacións neste eido.

As súas contribucións científicas están a ter aplicación na industria, en particular nos sectores de telecomunicacións, naval, aeroespacial e defensa. Mantén unha estreita colaboración con Navantia e a Armada Española, introducindo importantes melloras nos buques militares desde o punto de vista do electromagnetismo computacional, axudando ademais a maximizar as probabilidades de supervivencia nos buques en escenarios hostís. Por exemplo, o seu grupo, Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, está a traballar en colaboración con Navantia e a Armada no desenvolvemento do SSI, Sistema de Servizos Integrados, que permitirá converter os barcos en auténticas plataformas intelixentes.

Para Obelleiro “é unha honra recibir da RAGC esta distinción, importante para o grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, para a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o Centro de Investigación atlanTTic e a Universidade de Vigo”. Resalta que esta medalla “non é un mérito individual, senón o premio á traxectoria investigadora que compartín cos membros do meu grupo de investigación, compañeiros e colaboradores cos que fixen o camiño e aos que traslado o meu agradecemento. Sei que isto nos servirá de estímulo para seguir desenvolvendo o noso traballo coa mesma paixón que mantivemos todos estes anos”.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Caballero celebra el inicio de una nueva "gran obra" en el barrio más poblado de Vigo, Coia
Enfoque

Caballero celebra el inicio de una nueva "gran obra" en el barrio más poblado de Vigo, Coia

...

PorCarlos I. Castrillón
23/07/2026
Asaltan instalaciones del Concello de Redondela y roban dos vehículos, que reaparecen calcinados
Enfoque

Asaltan instalaciones del Concello de Redondela y roban dos vehículos, que reaparecen calcinados

...

PorÁngel Vila
23/07/2026
¿Qué hacen dos personas colgando durante días de una fachada del centro de Vigo?
Enfoque

¿Qué hacen dos personas colgando durante días de una fachada del centro de Vigo?

...

PorSara Rodríguez
23/07/2026
Familias del "Pitanxo" niegan la "comunicación oficial" de la salida del barco que bajará al pecio
Enfoque

Abren juicio al capitán del Pitanxo y dos directivos de la armadora y el juez les exige 44 millones

...

PorEuropa Press
23/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X