• Cine aire libre Vigo
  • Entradas The Black Keys
  • Bono Peixe
  • Panorama en Coia
  • J.Lo Vigo
  • Gimnasio Vigo
  • Quejas playas
  • Fiestas Valladares
  • Barco gratis Carmen
  • 11 horas de música
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Elena Ojea: "As vagas de calor mariñas están levando as especies aos seus límites de tolerancia"

A investigadora Elena Ojea // MIGUEL NÚÑEZ

A investigadora Elena Ojea // MIGUEL NÚÑEZ

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
28/02/2022

Coa presentación pública este mediodía en Berlín da achega do Grupo de Traballo II no Sexto Informe de Avaliación do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), rematan cinco anos de traballo de preto de 300 investigadores e investigadoras de arredor de 70 países. A docente e coordinadora do grupo de investigacion Future Oceans Lab da UVigo, Elena Ojea, forma parte do 41% de científicas de todo o mundo que participaron na elaboración de Cambio Climático 2022: Impactos, Adaptación e Vulnerabilidade, a máis recente avaliación do IPCC, no que o principal órgano internacional para a avaliación do cambio climático, brinda aos gobernos información científica para que poidan desenvolver políticas climáticas.

O informe presentado hoxe revela que o incremento das vagas de calor, secas e inundacións xa están a superar a tolerancia das plantas e os animais, ademais de provocando mortalidades masivas de especies como árbores e corais. Uns extremos climáticos que están a ocorrer de xeito simultáneo, ocasionando impactos de xeito secuencial, que son cada vez máis difíciles de manexar, e que expuxeron a millóns de persoas a unha aguda inseguridade alimentaria e de auga, especialmente en África, Asia, América Central e do Sur, en illas pequenas e no Ártico. Nun mundo que se enfronta a múltiples perigos climáticos inevitables durante as dúas próximas décadas, cun quecemento global de 1,5ºC, as e os autores do informe e os responsables do IPCC inciden que existen opcións para adaptarse a un clima cambiante, para reducir os riscos climáticos e mesmo para mellorar a vida das persoas. “A evidencia científica é inequívoca: o cambio climático é unha ameaza para o benestar humano e a saúde do planeta. Calquera retraso adicional na acción global concertada impedirá asegurar un futuro habitable”, asegurou este mediodía Hans-Otto Pörtner. copresidente do Grupo de Traballo II do IPCC na presentación do Informe, sobre o que, Hoesung Lee, presidente do IPCC sinalou que “é unha grave advertencia sobre as consecuencias da inacción”.

Másnoticias

Un tercio de los grados universitarios públicos en Galicia ya están completos: listado y notas

08/07/2025

Un congreso aborda na UVigo a importancia duns descoñecidos cun “impacto enorme” na natureza

07/07/2025

Vagas de calor mariñas que levan ás especies aos seus límites de tolerancia

Xunto a outros 12 expertos, Elena Ojea é autora principal do capítulo 3, Ocean and coastal ecosystems and their services, do informe do Grupo de Traballo II, “isto quere dicir que entre os 13 fixemos a síntese da evidencia científica máis recente e escribimos o capítulo, ao que contribuín dende o meu coñecemento multidisciplinar sobre impactos e adaptación en sistemas mariños, achegando a visión das ciencias sociais ao grupo”, explica a investigadora da UVigo, que destaca a relevancia desta cuestión para poder avaliar a vulnerabilidade da poboación costeira aos impactos do cambio climático e as respostas que dende a xestión se poden dar.

No capítulo 3 do Informe no que participou, a coordinadora de Future Oceans Lab, Elena Ojea destaca, entre as conclusións principais ás que chegaron as e os investigadores, que as vagas de calor mariñas que duran entre semanas e meses están levando ás especies mariñas aos seus límites de tolerancia. “En concreto, moitos ecosistemas de arrecifes de coral, bosques de algas (kelp) ou praderías mariñas mudarán se a temperatura global aumenta por enriba de grao e medio. Vemos tamén que xa nos estamos adaptando aos impactos mariños pero non é suficiente”, explica Ojea, que apunta que, neste eido, unha conclusión de todo informe é que se precisa emprender unha adaptación transformadora. “Isto significa reinventar as institucións para ser quen de superar os obstáculos históricos. Para o mar, temos identificado adaptacións que consisten en restaurar e conservar a natureza (como restauración de humidais costeiros), que ademais de reducir impactos se se deseñan ben, poden mellorar desigualdades existentes entre a poboación (que a fai vulnerable) e ter procesos de toma de decisión xustos e inclusivos, contribuíndo aos obxectivos de desenvolvemento sostible”, detalla a investigadora da UVigo.

Outros 17 capítulos conforman o informe, no que se tamén se inclúen apartados relativos a cuestións como ecosistemas terrestres e auga doce e os seus servizos; auga; cidades, asentamentos e infraestruturas clave; saúde, benestar e a estrutura cambiante das comunidades ou alimentos e outros produtos do ecosistema.

Un esforzo motivador e un proceso moi colaborativo

Elena Ojea e o catedrático Xavier Labandeira confirmaron á UVigo en 2018 como a única institución académica española con dous participantes na elaboración do Sexto Informe de Avaliación do IPCC. Á espera de que o Grupo III no que participa Labandeira como revisor editor presente en próximos meses as conclusións do seu traballo, Ojea fai un balance moi positivo da súa participación no traballo desenvolvido polo Grupo II. “Para min tomar parte neste informe foi todo un reto pola inmersión e o esforzo que require e pola responsabilidade que implica. Pero este traballo duro, compénsase co estimulante e gratificante que é o proceso de aprender e colaborar con científicos de todos os eidos do coñecemento, de diversidade de culturas e orixes. Ademais o fin último de informar aos gobernos e a poboación xeral do estado dos impactos e adaptación do cambio climático é moi motivador”, asegura.

Como moi “colaborativo” define Elena Ojea un proceso que fomenta o intercambio de coñecemento entre autores de diferentes capítulos de xeito formal, pero tamén informal. “Por exemplo, houbo moitos grupos propostos e outros nados no proceso para ter discusións científicas sobre temas transversais como o coñecemento indíxena, os riscos, a adaptación, o desenvolvemento resiliente ou xénero, entre outros”, detalla a investigadora, que lembra que, ademais das presencias na etapa precovid, se fan moitas reunións virtuais, a todo tipo de horas, para coincidir con autores que están nas antípodas.

Optimismo sobre o impacto do informe nos responsables políticos

Desde a súa creación en 1988, o IPCC elaborou cinco informes de avaliación, que son unha achega clave nas negociacións internacionais para abordar o cambio climático, o que fai do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático “a referencia indiscutible para a ciencia sobre cambio climático. Os autores somos voluntarios e calquera interesado pode presentarse, aínda que logo o IPCC fai unha selección”, detalla Elena Ojea.

A coordinadora de Future Oceans Lab asegura ser optimista en canto ao impacto que o informe que hoxe de presentou poida ter entre os responsables políticos, sen perder de vista a próxima COP27 de Exipto. “Ata o de agora, cada informe do IPCC ten cambiado a política climática internacional e espero que con este se consigan cambios importantes. Sempre se necesita máis do que se compromete e gustaríame que o sexto informe sexa un punto de inflexión”, reflexiona Ojea.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Liquidación total de una de las tiendas vintage de Vigo con ropa a 3€ y descuentos hasta el 80%

...

PorShelly Villaverde
08/07/2025
Enfoque

Aterriza en el centro de Vigo una marca internacional para eliminar el "tatuaje erróneo"

...

PorIván Dacal
08/07/2025
Enfoque

Guía para la compra de entradas del concierto de Gente de Zona en Castrelos: precio y horarios

...

PorIván Dacal
08/07/2025
Enfoque

El Concello de Vigo invierte 780.000€ en mejoras de 13 colegios públicos este verano

...

PorUxía Pérez
08/07/2025
Enfoque

Un tercio de los grados universitarios públicos en Galicia ya están completos: listado y notas

PorEuropa Pressy1 Otros
08/07/2025

Las titulaciones con la nota de corte más alta son los dobles grado en Matemáticas y Física y en Ingeniería Informática y Matemáticas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X