• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Enxeñaría Forestal define os puntos estratéxicos para reducir os incendios no Baixo Miño

ARCHIVO  // GUSTAVO DE LA PAZ / EUROPA PRESS

ARCHIVO // GUSTAVO DE LA PAZ / EUROPA PRESS

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/10/2022

Identificar, ao longo da fronteira entre España e Portugal, unha serie de “zonas estratéxicas de xestión”, puntos nos que unha actuación preventiva permitiría reducir o risco e o impacto dos grandes incendios forestais, constituía un dos obxectivos centrais do proxecto Firepoctep, que nestes días promove en Huelva o Congreso Ibérico sobre Zonas Estratégicas de Gestión. Nel, investigadoras e investigadores da Escola de Enxeñaría Forestal presentaron os resultados do estudo que centraron nunha das áreas piloto deste proxecto europeo, a comarca do Baixo Miño. Esta análise, que abrangue a realización de preto de 2600 simulacións do comportamento do lume na zona con múltiples condicións meteorolóxicas, permitiulles identificar unha serie de zonas, que representan entre o 5% e o 7% do territorio forestal da comarca, nas que as actuacións sobre a vexetación permitirían deter ou diminuír a intensidade dos lumes forestais.

A partir do desenvolvemento dunha metodoloxía, baseada na xeración de “modelos de combustible” e de cartografías con datos obtidos por satélites e tecnoloxía Lidar, as investigadoras e investigadores da escola do campus pontevedrés realizaron preto de 2600 simulacións dirixidas a coñecer como avanzarían os lumes sobre este territorio en diversos escenarios meteorolóxicos. “Dalgunha maneira, intentamos que o territorio se exprese”, salienta Juan Picos, director da EE Forestal e coordinador da participación da UVigo en Firepoctep, un proxecto coordinado pola Junta de Andalucía, no que participan investigadores e investigadoras de escolas e facultades dos tres campus da institución viguesa.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Os puntos nos que se cruzan os diferentes incendios

O estudo que a investigadora predoutoral Thais Rincón presentou na tarde deste luns no congreso que acolle a Universidad de Huelva e que realizou xunto con Andrés Rodríguez, Ana Solares, Laura Alonso, Julia Armesto e Juan Picos fixo posible a identificación de decenas de áreas no Baixo Miño “polas que é máis probable que os incendios pasen”. A través dunha serie de simulacións dirixidas a coñecer “todos os camiños do lume” foi posible identificar unha serie de “nodos polos que é máis probable que os incendios pasen” e que poden contribuír “a desenvolver grandes incendios forestais”, apunta o director da EE Forestal. Actuar nestes puntos estratéxicos, engade, pode nalgúns casos permitir “que o lume se deteña”, mentres que no caso de incendios de gran magnitude fará posible “reducir a súa intensidade e velocidade”, posibilitando a actuación dos medios de extinción.

“Propomos varias alternativas, que implicarían actuar entre o 5% e o 7% do territorio”, explica o director da EE Forestal, que sinala que as súas propostas comprenden desde traballar cun maior número de “áreas máis pequenas”, ata centrarse no que define como “nodos principais”, zonas estratéxicas de maiores dimensións. De feito, tras esta presentación, o seguinte paso será o de “validar” estas zonas estratéxicas de xestión "coas comunidades de montes da zona". Nese senso, o proxecto Firepoctep contempla tamén o desenvolvemento de “talleres participativos”, dirixidos a que unha vez xa “localizadas espacialmente” poder coñecer, “grazas á experiencia dos seus xestores, ata que punto hai alternativas para esas zonas”, sinala Picos, que incide en que a definición de que medidas poden ser as idóneas en cada área e que poden ir desde a creación de corta lumes ou queimas prescritas ao uso do gando, “hai que estudalo para cada lugar”.

21 socios de España e Portugal

Cun orzamento de preto de 5,5 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos Feder, no proxecto Firepoctep participan 21 institucións de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo e ten como obxectivo unificar criterios de actuación conxunta entre dous dos países da Unión Europea máis vulnerables aos efectos destes grandes lumes. Xunto a outra serie de actuacións, a definición desas zonas estratéxicas de xestión constituía un dos obxectivos centrais deste proxecto e do congreso que a Junta de Andalucía promove en Huelva. Xunto a intervencións como a que Picos centrou no proceso participativo para a elaboración das directrices para o futuro anteproxecto de lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia, resultado dun convenio entre a UVigo e a Consellería do Medio Rural, boa parte deste congreso centrouse en dar a coñecer os traballos para a definición destas zonas estratéxicas en diferentes puntos da fronteira entre España e Portugal. Neste punto, o director da EE Forestal incide no interesante de que a pesar “de que os puntos de inicio foron distintos, ao final as metodoloxías están converxendo”, contribuíndo a xerar “un certo consenso científico do que é unha zona estratéxica de xestión e como determinala con criterios obxectivos”.

Alén do eixo deste congreso, entre os obxectivos de Firepoctep atópase tamén promover o intercambio de innovacións e boas prácticas en materia de loita contra os lumes, desenvolver experiencias que contribúan a fomentar a creación de emprego no rural e ao impulso da economía verdade, así como promover un plan de formación e sensibilización da cidadanía. Neses traballos, ademais de polos investigadores da EE Forestal, a UVigo está representada no proxecto polos investigadores Fernando Aguado, Pedro Orgeira e Carlos Ulloa, do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais; Juan Carlos González Moreno, do Laboratorio de Informática Aplicada; Pablo Izquierdo, do grupo CIMA, e pola investigadora da Facultade de Educación e Traballo Social e vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, María Isabel Doval.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Vigo pedirá al Gobierno su "cuota" de los 7.000 millones para construir vivienda pública

...

PorPaula Carballo
07/06/2025
Enfoque

Kin Martínez, galardonado en los Premios da Cultura Galega: "Es un premio coral, de todos"

...

PorMiguel Alonso
07/06/2025
Foto: Xunta de Galicia
Enfoque

Estos son los precios del parque acuático de Monterrei, el más moderno de Galicia, este verano

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

La tienda gamer de Vigo que busca joyas de la PlayStation 2 que alcanzan los 1.000 euros

...

PorGabriel González
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X