Após o anuncio por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de que a partir do vindeiro 1 de xaneiro o prezo do billete ordinario do bus urbano aumentará cinco céntimos e que se conxelará o importe das tarifas bonificadas da Pass Vigo, o Bloque Nacionalista Galego vén de demandar medidas adicionais.
A fronte nacionalista reitera a petición de facer o bus gratuíto para as persoas menores de 14 anos de idade como xa se aplica noutras cidades galegas, do Estado e en Europa. “Non ten sentido seguir obrigando as crianzas a pagar o bus. A gratuidade é unha medida que beneficiará as familias e alentará a utilización do autobús”, explicou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.
Igrexas avogou tamén pola creación dun novo bono social con tarifa gratuíta para as persoas desempregadas de longa duración, perceptoras de pensións non contributivas, RISGA, Ingreso Mínimo Vital ou axuda equivalente, así como en xeral para as persoas con baixos recursos. Na actualidade, o bono social vixente ten un prezo de 0,69 euros por viaxe. “Falamos de persoas con ingresos de subsistencia ou sen ingresos e o que queremos é estenderlles a gratuidade para un servizo esencial, como o autobús, como desde hai moitos anos xa desfruta a maioría dos e das pensionistas da cidade”, argumentou.
Outra das medidas que reclaman as nacionalistas é poñer fin “á histórica e inxusta discriminación que padece o estudantado non universitario”. No concreto, defenden a equiparación da tarifa bonificada de estudante coa universitaria, o que suporía pasar de 0,86 euros a 0,67 euros por viaxe. “É indefendíbel que o alunado que cursa, por exemplo, un ciclo de formación profesional na cidade pague case un 30% máis caro o billete de autobús que aquel que está matriculado en estudos universitarios”, denunciou Igrexas.
“Non abonda con dar conta das actualizacións aritméticas das tarifas”, reprochou o portavoz municipal nacionalista fronte aos anuncios do alcalde. En troca, desde o Bloque apostan por aplicar máis medidas que permitan “enfrontar os efectos sociais e económicos da crise da Covid19 e seguir a potenciar o uso do autobús sobre o vehículo particular”.
Guillermo Lago, de Redondela y con 18 años recién cumplidos, luchará ahora por ser el hombre más guapo del mundo en 2026
El llamado Muíño do Vento se transformará para crear un espacio de encuentro con una nueva plaza pública con zonas de agua
Avempo hace un balance positivo de la prueba popular y agradece el gran apoyo social recibido por las vecinas y vecinos de Vigo
El Concello de Tui adaptará el proyecto de reforma de Praza da Estrela ante el hallazgo de importantes restos arqueológicos
A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL