• Fiestas de Bouzas
  • Restaurantes en Vigo
  • Calor en Galicia
  • Fiesta Callos Vigo
  • Aquapark Cerceda
  • Muerte Redondela
  • Narcotráfico
  • Preservativos gratis
  • Castelao cuadro
  • Rally das Donas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Especialistas do Cinbio estudan a evolución de proteínas de virus que son diana de terapias

Especialistas do Cinbio estudan a evolución de proteínas de virus que son diana de terapias
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/03/2025

Arrancaron hai apenas uns meses e por diante teñen tres anos para conseguir aplicar modelos avanzados de evolución molecular á predición da evolución de distintas proteínas de virus que son diana de terapias antiretrovirais e que, polo tanto, poderían usarse para o deseño de novas vacinas e tratamentos. Falamos do grupo de investigación Evolución Molecular Computacional do CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo. Dirixido polo profesor titular Miguel Arenas Busto, contan cunha axuda para facelo de 125.000 euros concedidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dentro do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación (2021-2023).

Completan o equipo de traballo deste proxecto Valeria Zoni e Luis Daniel González Vázquez. “O noso obxectivo é desenvolver modelos biofísicos de evolución da secuencia, estrutura e función das proteínas e explotar as súas aplicacións técnicas e prácticas, con especial interese nas proteínas de virus que son diana de terapias”, explica Arenas, científico formado na Universidade de Vigo que tras pasar por distintos países -Suíza, Reino Unido, Estados Unidos e Portugal -, regresou á UVigo como investigador Ramón y Cajal, onde puxo en marcha este equipo de investigación, especializado en investigar a evolución das macromoléculas biolóxicas usando métodos computacionais e a súa aplicación á biomedicina.

Másnoticias

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

08/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026

No caso deste proxecto financiado polo Ministerio o responsable da investigación fai fincapé en que comprender a evolución das proteínas é fundamental para mellorar os métodos de predición da evolución das mesmas, os cales presentan aplicacións en diversos ámbitos, incluíndo biomedicina e biotecnoloxía. “Para realizar predicións de evolución de proteínas requírense modelos evolutivos e canto maior exactitude teñan estes modelos máis realistas serán as predicións correspondentes”, recalca Arenas. Neste proxecto aplican modelos evolutivos avanzados de evolución de proteínas que consideran restricións evolutivas baseadas na estrutura tridimensional das proteínas, que xa desenvolveran en estudos previos.

As proteínas ancestrais poderían usarse para deseñar novas vacinas"

O proxecto, que se prolongará ata decembro de 2027, formula diferentes propósitos. Por unha banda, buscan aliñar e comparar estruturas de proteínas tendo en conta a súa evolución e, pola outra, tratan de estimar distintos parámetros evolutivos das proteínas, incluíndo as frecuencias de mutación e de recombinación.

Do mesmo xeito, contémplase tamén o estudo da evolución das proteínas do virus da SIDA e do SARS-CoV-2, que son importantes para o desenvolvemento de novos tratamentos. “A nosa idea é reconstruír as variantes ancestrais destas proteínas tendo en conta a estrutura tridimensional das mesmas e comparalas con observacións reais para avaliar o erro de reconstrución”, apunta o investigador, ao que engade que “as proteínas ancestrais poderían usarse para deseñar novas vacinas”. Como cuarta liña de traballo estudan a evolución de variantes resistentes de proteínas do virus da SIDA que son diana de tratamentos antiretrovirais. Neste senso, Arenas valora que “calcular a probabilidade de fixación de mutacións de resistencia proporcionaría información útil para o deseño de fármacos antiretrovirais”.

“Os resultados poden ser importantes para a sociedade a longo prazo”

“Os resultados poden ser importantes para a sociedade a longo prazo, mais non presentarán unha aplicación inmediata”, salienta o investigador, quen fai fincapé en que o deseño de terapias contra virus podería verse mellorado coa consideración das predicións evolutivas de proteínas diana das terapias “tendo en conta información sobre a secuencia e a estrutura tridimensional das proteínas”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nace un nuevo restaurante en Vigo para recuperar "el sabor de siempre" con un "toque único"
Enfoque

Nace un nuevo restaurante en Vigo para recuperar "el sabor de siempre" con un "toque único"

...

PorSara Rodríguez
08/06/2026
Subastan en Vigo el barco "Gure Leire", apresado con 2.500 kilos de cocaína, por 62.000 euros
Enfoque

Subastan en Vigo el barco "Gure Leire", apresado con 2.500 kilos de cocaína, por 62.000 euros

...

PorUxía Pérez
08/06/2026
La Xunta cierra una oficina de Augas de Galicia en Vigo por "optimización" de recursos
Enfoque

La Xunta cierra una oficina de Augas de Galicia en Vigo por "optimización" de recursos

...

PorEuropa Press
08/06/2026
El BNG critica que Caballero niegue "de forma cínica" el problema de los desahucios en Vigo
Enfoque

El BNG de Vigo denuncia que el gobierno local ha desatendido miles de reclamaciones vecinales

...

PorMiguel Alonso
08/06/2026
Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos
Enfoque

Un estudio de la UVigo evalúa cómo la naturaleza ayuda a personas con problemas cardíacos

PorMetropolitano
08/06/2026

¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X