Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña e candidato a liderar aos socialistas galegos nas primarias que se celebrarán este 30 de outubro nas que compite con Gonzalo Caballero, puxo este xoves a cidade olívica e a Abel Caballero como "claro exemplo dese socialismo que suma para avanzar, que conecta coa sociedade”. Fíxoo nun acto coa militancia de Vigo no que foi presentado polo secretario xeral da agrupación e concelleiro municipal, Abel Losada.
O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, que insiste ao longo desta campaña en que “Galicia non é do PP”, afirmou que “Vigo é unha referencia neste sentido, en que é posible gañarlle ao PP sumando dentro para gañar fóra. O modelo de Abel Caballero é o dun PSdeG que sabe construír, que conecta coa sociedade, que sabe escoitala, entendela e atendela”.
Formoso destacou os 20 concelleiros e concelleiras dos 27 totais da corporación que obtivo Abel Caballero nas últimas eleccións municipais “que veñen a demostrar que, cando o partido fai a súa función principal, que é ser un instrumento ao servizo da sociedade, e cando hai unión e ilusión entre a militancia o PSOE é imparable”.
Valentín González Formoso explicou que “é moi importante, é un orgullo e unha honra, que a cidade máis poboada de Galicia sexa unha referencia nas políticas socialistas, tanto a nivel autonómico e tamén estatal” e aproveitou para poñer en valor a labor dos compañeiros e compañeiras que “no goberno ou na oposición dos 313 municipios de Galicia, manteñen viva a chama do socialismo”. “Somos os que escoitamos á xente, os que lles poñemos nome e cara. Facemos a política máis bonita e tamén a máis difícil que é a de estar a carón dos cidadáns”, argumentou.
“Este sábado temos que tomar unha decisión moi importante, se nos vale o modelo actual de conformismo e resignación ou se apostamos pola ilusión e a esperanza de construír un PSdeG máis forte, máis unido, que volva a conectar coa sociedade e que sexa unha alternativa real ao goberno de Feijoo”, subliñou.
Ikea ha anunciado un nuevo espacio en Vigo con muchas novedades en la ciudad. Decoración, su nueva colección y la línea Ikea Food
Tres responsables del astillero Cardama de Vigo se enfrentan a prisión. El juicio se refiere al accidente laboral mortal ocurrido en 2022
Este proyecto de Tomiño supondrá la puesta en valor de joyas patrimoniales como la iglesia románica, el Tetón o la Torre de Tebra
En un barrio de Vigo donde las luces navideñas no llegan, unos vecinos han decidido organizar su propio encendido
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL