O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, presentou este venres en Vigo o seu proxecto co que aspira a seguir liderando aos socialistas galegos, nunhas primarias coas que competirá co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e que se celebrarán o vindeiro 30 de outubro.
Caballero presentou un proxecto “gañador” que permita “seguir impulsando ao partido pola esquerda” co obxectivo de sumar á cidadanía máis alá da propia militancia para constituir, dixo, "a mellor alternativa galeguista, feminista, ecoloxista, de esquerdas e cun claro compromiso ético".
“Non podemos retroceder, non podemos renunciar a defender á cidadanía fronte a un PP insensible, que se opón ata ás axudas á vivenda para a mocidade”, enfatizou o candidato socialista, consciente da importancia de “traballar pola xente dende unha forza política netamente progresista e galeguista”.
No acto en Vigo, a cidade na que vive, Gonzalo Caballero presentou “un proxecto positivo e gañador para o futuro de Galicia” e, ademais, “alternativo a Feijóo”, e contrastou a opción que encabeza coa que supón "un regreso ao pasado cómodo para Feijóo".
O actual líder dos socialistas galegos recordou que o PSdeG liderou en Vigo unha maioría progresista nas pasadas eleccións galegas, “conseguindo o mellor resultado socialista en autonómicas” nesta cidade, ao empatar co PP e deixando “ben atrás” ao BNG. En cambio, subliñou, na Coruña houbo un retroceso en votos e escanos para o Partido Socialista.
“Entón, que modelo queremos para o futuro do PSdeG?”, plantexou, antes de subliñar que o proxecto que encabeza “é a garantía para seguir fortalecendo o partido e volver acadar resultados históricos nas municipais e xerais de 2023”. Por iso, pediu o apoio de toda a militancia socialista de Vigo. “Nestas primarias xogámonos moito”, apostilou, logo de subliñar como “cada día” nesta precampaña de primarias “a militancia está máis mobilizada”.
“A militancia decide, como cando gañou Borrell, Pedro ou eu mesmo hai catro anos", finalizou, apelando á “rebeldía” dunha militancia que quere construír “o mellor PSdeG para o futuro de Galicia”.
El presidente de la Xunta valora la posible llegada de Rafael Louzán a la presidenta de la Real Federación Española de Fútbol (RFEF)
Dieciocho personas concursan en el nuevo reality de la TVG que se estrena este lunes. Hay 18 participantes, una de ellas de Vigo
Se trata de un nuevo grado, tres dobles titulaciones y siete máster que serán las "grandes novedades" de la oferta académica de la UVigo
La Policía de Vigo ha tenido que custodiar durante horas una discoteca del centro. Pasaban las 09:00 horas y la fiesta continuaba dentro
Durante estos horarios de fin de semana, las bibliotecas solo prestan un servicio de espacio de estudio, pero no otros servicios ordinarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL