O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu a concentración que este mediodía celebrouse en memoria de Soledad Rey Valverde, veciña de Mañufe, que este mércores foi presuntamente asasinada polo seu marido. No acto estivo acompañado polos integrantes da corporación municipal, a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva; a Subdelegada do Goberno, M. Carmen Larriba; representantes da Garda Civil e Polícía, así como parte da familia da vítima.
Paco Ferreira mostrou o seu apoio e o de todo o gobernó local aos familiares e cualificou de “atroz” o asasinato de Soledad Rey Valverde “que nos deixou consternados e que nos demostra que non podemos baixar a garda e temos que seguir loitando contra a violencia machista”.
O rexedor cedeu a lectura do manifesto redactado para a ocasión á Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que visiblemente afectada sinalou “que fartas estamos as mulleres de ter que estar facendo minutos de silencio, lendo manifestos! Ver chorar a familia dunha muller asasinada é un profundo dor, e a verdade é que as mulleres choramos de carraxe”
Lembrou que non se pode dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista e subliñou que “non podemos, como sociedade nin como administración, mirar cara a outro lado. Ao contrario, alzaremos cada vez máis a voz para denunciar estes crimes e a violencia de xénero ata conseguir erradicala, lograr a violencia cero”.
O concello de Gondomar decretou tres días de loito oficial en memoria de Soledad Rey Valverde e suspenderá todas as actividades previstas ata o vindeiro domingo, entre as que se atopa o prendido da iluminación do Nadal este próximo sábado, que se pospoñerá ao domingo día 06 de decembro.
Dende Feminismo unitario de Vigo integrado por unha vintena de organizacións feministas, así como por mulleres a nivel individual, veñen de convocar unha concentración en repulsa do "terrorismo machista" tras o asasinato da veciña de Gondomar. O acto terá lugar o venres 4 ás 20:30 horas no MARCO de Vigo.
O asasinato de Soledad Rey prodúcese soamente unha semana despois de conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
MeteoGalicia activa la alerta amarilla en buena parte de Galicia por la ciclogénesis del Atlántico. Vigo y alrededores sufrirán fuertes rachas de viento
Algunos de los elementos de la decoración navideña de Vigo no resistieron las fuertes rachas de viento provocadas de la borrasca Caetano
"Llevamos años reclamando que se inicien las actuaciones Vigo-Lisboa y lo único que Lacen desde el Gobierno es darnos largas", lamentan
Vigo suma un nuevo 'concept store' con moda, diseño, decoración y muchas marcas difíciles de encontrar. Tradición y futuro, su seña de identidad
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL