• Próxima apertura Vigo
  • Montaje Navidad
  • Cortes de tráfico
  • Barco Navidad Vigo
  • Concentración Redondela
  • Panettone Vigo
  • Pizza concurso Vigo
  • Homenaje en Vigo
  • Ryanair Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadoras da UVigo revisitan o papel das mulleres desde a Prehistoria ata o século IV

Investigadoras da UVigo revisitan o papel das mulleres desde a Prehistoria ata o século IV
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/03/2025

Invisibilizadas e estereotipadas son os dous adxectivos que definiron ás mulleres nun relato histórico elaborado e protagonizado por varóns. Mudar esa perspectiva, outorgándolle ás mulleres o protagonismo que lles corresponde foi un traballo emprendido por historiadoras pioneiras que, lembra a catedrática do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da UVigo Susana Reboreda Morillo, “foron tachadas de non ser historiadoras” por intentar introducir unha perspectiva de xénero no seu traballo. Aínda que a situación mudou nos últimos anos, a realidade é que a día hoxe aínda son moitos “os contos mal contados” en referencia ao papel das mulleres na historia.

Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, é o título dun libro que recompila os traballos de oito investigadoras relacionadas coa Universidade de Vigo, que pretende contribuír, precisamente, a restaurar o papel das mulleres, “revisitando a historia”, dixo Susana Reboreda, tamén coordinadora e autora dun dos capítulos do volume, desde a Prehistoria ata o século IV. O volume, froito da colaboración, entre a Universidade de Vigo e a Editorial Galaxia, que o publica ao abeiro da súa colección Feminismos, amosa ao longo de cinco capítulos realidades variadas, que van das cavernas, ata Roma, pasando o Exipto, abordadas desde diferentes perspectivas polas súas autoras.

Másnoticias

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años

Tarde de cine gratis en pleno centro de Vigo con la proyección de 5 cortos

05/11/2025

Colaboración para avanzar na perspectiva de xénero

Na presentación do volume, que tivo lugar este mediodía no edificio Redeiras, a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Yolanda Rodríguez Castro, agradeceu a implicación de Galaxia neste proxecto iniciado no ano 2021 ao abeiro do Plan de Igualdade da Universidade, polo docente e investigador da UVigo Xabier Martínez Cobas, e que se materializou ata o de agora na publicación de catro volumes. Pola súa banda, María Pereira, directora da Merlín Comunicación, destacou a importancia da perspectiva de xénero para rescribir a historia, ao tempo que destacou que no ano no que editorial cumpre 75, “a presenza de mulleres no noso catálogo é cada vez maior”. Mentres, María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, agradeceu á UVigo e a Galaxia a súa aposta “fundamental para avanzar na perspectiva de xénero”, ao tempo que puxo en valor o papel da ciencia para cambiar o xeito de mirar e contar a historia, lonxe de roles e estereotipos.

Transferencia histórica que se comprende moi ben

Claudia Alonso Moreno, María José Bravo Bosch, Andrea Mouriño Schick, Beatriz Comendador Rey, María Eugenia Múñoz Fernández, Alba Antía Rodríguez Nóvoa e Patricia Valle Abad e Susana Reboreda, que tamén coordina o volume, son as autoras de Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, que arranca cun capítulo dedicado a Prehistoria, Centrifugando a Cavewoman, “moi rompedor e afastado desa idea da muller das cavernas personificado pola actriz Raquel Welch”, explicou Reboreda. O cuestionamento das fontes é un dos trazos do seguinte capítulo dedicado a Exipto, (A muller) É un campo útil para o seu señor, mentres que o terceiro dedicado a Grecia, Os rituais relixiosos como espazo de poder feminino, aborda os rituais femininos, nunha época “na que a relixión impregnaba a vida cotiá e a política e eses rituais eran unha vía de escape para as mulleres”, detallou Reboreda.

O cuestionamento dos tópicos sobre a muller romana define o seguinte capítulo do volume, Era un mundo de homes? Venturas e desventuras, que remata cun traballo, Exeria, unha escritora galega exemplar, dedicado á peregrina da Galaecia, que tamén foi unha pioneira na transferencia de coñecemento sobre as súas viaxes. Precisamente, no valor para transmitir coñecemento que ten este volume incidiu a tamén vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, que se referiu ao libro como “un volume de transferencia que se comprende moi ben” ao tempo que reivindicou o papel das e dos historiadores para transmitir os coñecementos sobre Historia dun xeito e con “linguaxe clara”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Esta es la receta de pizza 'made in' Vigo que podría arrasar en España
Enfoque

Esta es la receta de pizza 'made in' Vigo que podría arrasar en España

...

PorSara Rodríguez
05/11/2025
Vigo monta a contrarreloj sus atracciones de Navidad a tan solo unos días del encendido
Enfoque

Vigo monta a contrarreloj sus atracciones de Navidad a tan solo unos días del encendido

...

PorSara Rodríguez
05/11/2025
"Eran mis primeras vacaciones", los clientes de una agencia de viajes de Redondela denuncian una estafa
Enfoque

Los afectados por la quiebra de Viaxes Loa se concentrarán en Redondela: "No queremos que se olvide"

...

PorAlfredo Teja
05/11/2025
La hamburguesería más viral de Madrid planea desembarcar en Vigo antes de 2026
Enfoque

La hamburguesería más viral de Madrid planea desembarcar en Vigo antes de 2026

...

PorAlfredo Teja
05/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal
Enfoque

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

PorCarlos I. Castrillón
05/11/2025

El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X