• Fiesta San Roque Vigo
  • Transformación Beiramar
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Nuevo local en Vigo
  • Fiestas de Bouzas
  • Nigranjazz
  • Macroverbena
  • Playa de Arealonga
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores da UVigo atopan o fósil máis antigo na Península de ovos de insectos en plantas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
24/05/2022

Investigadores da Universidade de Vigo, xunto con colegas da Universidade Bonn e da Universidade do País Vasco, lograron identificar o rexistro fósil de posta de ovos de insectos en plantas máis antigo da Península Ibérica, con máis de 300 millóns de anos.

Cinco anos de saídas de campo, nas que se recolleron máis de 200 espécimes de plantas fósiles do Carbonífero, cuns 303 millóns de ano de antigüidade, conduciron ao grupo de investigadores de España e Alemaña á identificación do rexistro máis antigo de posta de ovos de insectos en plantas da península ibérica, así como das primeiras evidencias de interaccións nos xéneros de plantas Pecopteris, Oligocarpia, Polymorphopteris e Cordaites. O estudo das mostras recollidas en xacementos postasturianos do Cantábrico nas concas mineiras de La Magdalena, El Bierzo e Carrasconte, da provincia de León, permitiu a Artai Santos e Bienvenido Diez do departamento de Xeociencias mariñas e ordenación do territorio e do CIM da UVigo; Torsten Wappler da Universidade Bonn/Hessisches Landesmuseum Darmstadt e Antonio Hernández-Orúe do Departamento de Xeología da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, identificar nove tipos diferentes de interaccións planta-insecto, incluídos varios tipos de herbivoría (consumo de plantas) externa, formación de diferentes tipos de agallas (excrecencias) e evidencias de oviposición (proceso de implantación ou difusión de ovos).

Másnoticias

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

18/07/2025

Caballero lamenta el "maltrato a la educación pública" de Vigo tras dimitir la directiva del IES Valadares

18/07/2025

“Dado que non se coñecen interaccións planta-insecto anteriores ao Carbonífero na península ibérica, trátanse dalgunhas das evidencias máis antigas das relacións entre estes dous importantes grupos biolóxicos. Ademais, son as primeiras evidencias de interaccións en Pecopteris, Oligocarpia, Polymorphopteris e Cordaites e a evidencia de oviposición (posta de ovos) máis antiga da península”, destaca Artai Santos en relación con esta investigación, recollida no artigo Plant–insect interactions from the Late Pennsylvanian of the Iberian Peninsula (León, northern Spain), publicado en Review of Paleobotany and Palinology.

Os investigadores documentaron nove tipos de danos diferentes entre 216 espécimes de plantas fósiles e presentaron os primeiros datos de agallas, alimentación en marxes e en buratos e oviposición en Cordaites, Pecopteris, Polymorphopteris e Oligocarpia del Carbonífero de España. Entre los posibles “sospeitosos” de causar dano a estas plantas atópanse, segundo os autores do artigo, diferentes ordes/superordes atopados nos xacementos estudados como Archaeorthoptera, Paoliida, Palaeodictyoptera, Megasecoptera e Dictyoptera. “Os posibles culpables da alimentación externa deberían necesitar un sistema mandibular robusto para perforar o aparente tecido coriáceo e os nervios de Polymorphopteris polymorpha, P. pseudobucklandii e P. integra, uns patróns de alimentación que son consistentes con insectos (pan)ortopteroideos, probablemente de pequeno tamaño”, detallan os investigadores no seu traballo, no que tamén sinalan que a aparente diversidade de agallas podería suxerir algunhas condicións áridas, cando menos estacional ou localmente. Non obstante, apuntan á necesidade dun futuro estudo estatístico con máis exemplares para aclarar as implicacións paleoclimáticas.

“As plantas atopadas e a variedade de evidencias de interaccións planta-insecto suxiren que os bosques do Carbonífero na península ibérica proporcionaban un nicho ecolóxico moi adecuado para os insectos, onde as plantas proverían hai xa 303 millóns de anos unha fonte de alimentación e nalgúns casos de hospedaxe para moitos dos artrópodos do momento, algúns dos cales serían moi diferentes aos insectos que coñecemos hoxe”, explica Artai Santos. O investigador da UVigo, engade que, en calquera caso, a variedade de grupos funcionais de alimentación atopados é indicativa da presencia dunha comunidade de insectos ben establecida e ecoloxicamente integrada nos bosques carboníferos da area de León. “Por outro banda, a presencia de agallas podería estar vencellado a certas condicións climáticas relativamente áridas, polo menos rexionalmente”, apunta Santos.

Temas: Universidade de VigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

Trueno sorprende en Castrelos con dos artistas invitados. Cuando Trueno canta, Vigo levanta la mano al ritmo de la calle

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Caballero lamenta el "maltrato a la educación pública" de Vigo tras dimitir la directiva del IES Valadares

Abel Caballero ha tildado este viernes de "intolerable" que la Xunta "maltrate la educación pública y concertada de la ciudad"

PorMetropolitano
18/07/2025
Enfoque

Detenido un hombre que reside en la Panificadora de Vigo tras agredir a su expareja

La policía de Vigo se trasladó a la Panificadora para atender un posible caso de violencia de género. Detuvieron a un hombre que reside en este inmueble abandonado

PorMetropolitanoy1 Otros
18/07/2025
Enfoque

El Casco Vello de Vigo suma un nuevo espacio 'delicatessen' para amantes del embutido

Tablas top, conservas del mar y vinos cuidadosamente seleccionados. Esta es la nueva propuesta del nuevo templo del embutido en Vigo

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X