• Joven cantante Vigo
  • Lluvia Vigo
  • Incendio Oia
  • Mercado en Vigo
  • Festa da Istoria
  • Galicia Fest
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Nintendo Vigo
  • Casting Galicia
  • Pazo de Galicia
  • Verbenas Tui
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores de Vigo patentan un sistema para a detección de problemas de equilibrio en persoas maiores

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
11/04/2025

A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) acaba de conceder ás universidades de Vigo e León a patente dun sistema de avaliación do equilibrio dinámico e do risco de caídas durante a marcha en persoas maiores e adultos. Esta innovación é froito das investigacións desenvolvidas nos últimos anos por José Luis García Soidán e Vicente Romo, do grupo de investigación Hi10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, xunto con Raquel Leirós e José Alberto Benítez, da Universidad de León. Este sistema baséase no uso dun acelerómetro, un dispositivo que mide as aceleracións do centro de gravidade do corpo, conectado a unha unidade de procesamento de datos cunha arquitectura de algoritmos que interpreta os datos xerados por este dispositivo, permitindo, explican os seus responsables, “detectar precozmente” a existencia dun “deterioro no control postural” que incrementaría o risco de sufrir unha caída.

O sistema recollido nesta patente parte da ausencia de ferramentas de “avaliación precoz” do equilibrio “que sexan sensibles aos pequenos cambios no funcionamento dos sistemas de control postural”, sinala o equipo responsable deste traballo. Neste punto, García Soidán apunta que as probas de “equilibrio estático” que se levan a cabo nunha contorna clínica, aínda que posibilitan identificar limitacións no control postural, non permiten anticiparse para detectar “que unha persoa está en risco” de padecer problemas de deterioro de equilibrio. “Con esta ferramenta, fomos capaces de resolver este problema”, engade o investigador, que lembra que o risco de caídas increméntase coa idade, de tal xeito que, segundo a OMS, estímase que o 35% das persoas maiores de 65 anos e o 65% das maiores de 80 sufrirán, cando menos, unha caída ao ano.

Másnoticias

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

01/08/2025

El Gobierno anuncia una ayuda de 7,5 millones para la UVigo para fortalecer su área de fotónica

31/07/2025

Resultado de anos de traballo

Esta patente é resultado dunha liña de traballo impulsada hai preto dunha década polo grupo de investigación Hi10, na que se insire a tese de doutoramento realizada na Universidade de Vigo por Leirós, punto de partida deste sistema. Nese senso, García Soidán lembra que o traballo desenvolvido implicou en primeiro termo estudar cal sería o punto exacto da zona lumbar no que o acelerómetro se situaría “no centro de gravidade do suxeito”, para logo traballar na identificación e interpretación dos datos que permiten detectar “precozmente pequenos cambios provocados polo proceso de envellecemento”.

Concretamente, o sistema recollido nesta patente abrangue un conxunto de algoritmos que procesan os sinais capturados polo acelerómetro nos eixes vertical, medio-lateral e antero-posterior, durante a realización dunha proba consistente en percorrer varias veces unha distancia de dez metros. “A unidade de procesamento de datos está configurada para determinar a existencia dunha alteración do equilibrio dinámico que xera risco de caídas durante a marcha”, explican, cando se alcanzan os limiares fixados nas variables que o equipo investigador identificou como “representativas do equilibrio durante a marcha”. Para iso, lembra García Soidán, realizáronse previamente un conxunto de medicións con persoas con e sen “algún tipo de patoloxía de desequilibrio”, o que permitiu “determinar cales son os valores mínimos onde comeza o risco”.

Nesa mesma liña, Raquel Leirós destaca que "se os valores de aceleración rexistrados indican que o control postural da persoa é insuficiente ou que hai certo risco de caídas, o sistema detectaría que efectivamente hai unha alteración no equilibrio, ou sexa, tería capacidade diagnóstica, de forma incluso preditiva, de que pode suceder unha caída en certa persoa". Isto faría posible, engade a profesora da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidad de León, idenficar persoas "con maior risco de caídas, permitindo tratalas de forma preventiva e máis eficiente e vai permitir diagnosticar de maneira sinxela e precisa na contorna clínica o risco de caídas mentres unha persoa anda, empregando tecnoloxía portátil dun custo relativamente accesible".

Da detección á prevención

Como lembra o equipo investigador, “a idade é un dos principais factores de risco de caídas”, o que sumado ao envellecemento da fan que este sistema supoña unha “mellora substancial”, á hora de abordar posibles problemas de dependencia. “Se temos ferramentas que a detecten con antelación, podemos previla ou alongar dalgunha forma ese período de independencia”, subliña Romo. Nese senso, esa detección precoz dun deterioro do equilibrio permitiría realizar unha avaliación do suxeito, coa que identificar aquelas áreas nas que sofren unha perda de forza e definir un programa de actividade física, orientado a que a persoa afectada “poida realizar as súas actividades da vida diaria de forma independente”.

De aí que sinalen tamén os múltiples “ámbitos de utilidade” deste sistema que, como lembra García Soidán, podería empregarse tanto en medicina e nas ciencias da actividade física e do deporte, como en enfermaría, podoloxía, fisioterapia, neuroloxía ou ortopedia. Nese senso, os investigadores recoñecen o “interese no mundo empresarial” por este sistema, motivado en boa medida “polo envellecemento da poboación”, como destaca Romo, en comunidades como Galicia, “nas que unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vista aérea tras el incendio, a 20 de agosto de 2025, en San Vicente de Arriba, Ourense, Galicia (España).
- Adrián Irago - Europa Press
Enfoque

Los grandes incendios de Chandrexa y Trevinca siguen activos, con una mejoría en el resto de Galicia

...

PorEuropa Press
24/08/2025
Incendio en Quiroga // CARLOS CASTRO / EP
Enfoque

Mos organiza una recogida solidaria de material para las personas afectadas por los incendios

...

PorMetropolitano
24/08/2025
Enfoque

Nathaly Míguez, de Vigo a recorrer Galicia como una de las voces más reconocibles de la verbena

...

PorShelly Villaverde
24/08/2025
Enfoque

¿Cuándo volverá a llover en Vigo? Esto es lo que dicen la Aemet y Meteogalicia

...

PorIván Dacal
24/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X