• Vicio abre en Vigo
  • Terrazas en Vigo
  • Concierto Vigo
  • Festival Millo Verde
  • Playas fluviales
  • Rías Baixas
  • Parque acuático gratis
  • Juegos del Hambre
  • Drones O Porriño
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Jesús Doval ingresa na Real Academia Galega de Ciencias en recoñecemento a un "inxente labor investigador"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/04/2025

O catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo, Jesús Doval, incorporarase mañá xoves á Real Academia Galega de Ciencias como académico numerario da sección de Ciencias Técnicas, un recoñecemento a un inxente labor investigador dirixido a resolver problemas vencellados á electrónica industrial e ás tecnoloxías de enerxía eléctrica.

“Este recoñecemento á miña actividade profesional é para min unha honra. Os logros acadados que fixeron que fora elixido para formar parte de esta institución son debidos, de un xeito ou outro, ao apoio e colaboración de moitas persoas que xogaron un papel fundamental na miña evolución como persoa e na miña traxectoria profesional”, explica o docente da Escola de Enxeñería Industrial e investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, onde dirixe o grupo APET, Tecnoloxía Electrónica de Potencia Aplicada, centrado en resolver problemas sociais relevantes vencellados á electrónica industrial e ás tecnoloxías de enerxía eléctrica, aplicando os seus resultados á mellora de sectores como o transporte ou a enerxía.

Másnoticias

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

30/05/2025

A Facultade de Comercio despide o seu referente, compañeiro e amigo, Patricio Sánchez Bello

28/05/2025

“Falo da familia, compañeiros do grupo de investigación, estudantes de doutoramento, compañeiros da UVigo e de outras entidades coas que colaboro, profesores, estudantes titorizados, persoal de apoio nas actividades desenvoltas”, engade Doval, ao tempo que salienta que como académico da RAGC, colaborará en todas as actividades que se organicen “orientadas á promoción da ciencia e a tecnoloxía que poidan contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia”.

Inmenso labor investigador

Jesús Doval desenvolve proxectos de investigación en colaboración con empresas nacionais e internacionais como Navantia, Repsol ou Indra. Nos últimos anos dirixiu uns 40 proxectos con compañías públicas ou privadas, cun financiamento total superior a 1,5 millóns de euros. Traballa en procesos como a creación de fábricas intelixentes e sustentables; deseño de plantas eléctricas; sistemas de defensa dos buques da Armada; desenvolvemento de convertedores electrónicos de potencia para barcos de propulsión eléctrica, para plataformas de perforación mineira ou para aplicacións de enerxías renovables; descarbonización de procesos térmicos no sector conserveiro; mellora dos sistemas de calefacción de biomasa... ata o e desenvolvemento de convertedores electrónicos que permitan a subministración de enerxía eléctrica aos barcos durante o atraque. É autor de varias patentes, españolas e europeas.

Nos últimos dez anos publicou 237 traballos científicos nas principais revistas internacionais. Colaborou con investigadores de 25 universidades, institutos e centros de investigación doutros países. No eido formativo, dirixiu 12 teses de doutoramento e 104 traballos fin de carreira, fin de mestrado e fin de grao. Ademais, dirixe cursos de formación profesional adaptados ás necesidades das empresas para aumentar o seu retorno de investimento, reducir o tempo de inactividade e mellorar as habilidades e a motivación do seu persoal.

No ámbito internacional, é membro do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, da Sociedade de Electrónica Industrial e da Sociedade de Electrónica de Potencia. Así mesmo, é editor de varias publicacións internacionais nestes campos. Como enxeñeiro, traballou en empresas de diferentes sectores industriais, en particular do petroquímico, xeración e transporte de electricidade, automoción e electrónica; tanto en España como no Reino Unido.

Discurso de ingreso centrado no potencial da electrónica de potencia

O acto de ingreso celebrarase no Pazo de San Roque, en Compostela, ás 18:30 horas, e o seu discurso, titulado Conversión de enerxía eléctrica e electrónica de potencia, estará centrado na tecnoloxía coa que está relacionada toda a súa actividade dos últimos anos. “En concreto, presentarei o potencial e función da electrónica de potencia na conversión de enerxía eléctrica”, explica o investigador.

Arroupado por varios vicerreitores e o director da EEI

Encargarase de realizar a laudatio o catedrático emérito de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Universidade de Vigo, Pedro Merino. O acto estará presidido polo presidente da RAGC, Juan Lema, e contará coa asistencia do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, así como distintos representantes da Universidade de Vigo: a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago; a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Adela Sánchez, e o director da Escola de Enxeñería Industrial, José Fariña, así diversos representantes de diferentes institucións políticas, culturais, científicas e académicas galegas.

Académicos da UVigo na RAGC

A entrada de Jesús Doval como académico numerario da RAGC convérteo no sexto docente da UVigo en exercer esta función. Os primeiros foron Fernando Pérez (2014) e Pedro Merino (2015) na sección de Ciencias Técnicas, aos que logo se sumou o catedrático xa falecido José Pazos Arias, no ano 2016, tamén en Ciencias Técnicas. En 2021 sumouse á institución o exreitor Alberto Gago, na sección Ciencias Económicas e Sociais, e en 2022 Herminia Domínguez, tamén en Ciencias Técnicas.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Vicio, la exitosa hamburguesería de un ganador de MasterChef ya tiene local en Vigo

...

PorMiguel Alonso
31/05/2025
Enfoque

Drones a toda velocidad por O Porriño, el concello louriñés acogió una carrera en el Club Furaventos

...

PorMetropolitano
31/05/2025
Enfoque

Todos los detalles sobre las oposiciones de educación en Galicia, que se celebrarán en 16 concellos

...

PorMetropolitano
31/05/2025
Día de playa en Vigo // EUROPA PRESS
Enfoque

Vigo despide mayo desde la playa antes de que se active la alerta amarilla en las Rías Baixas

...

PorMetropolitano
31/05/2025
Enfoque

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia

PorMetropolitano
30/05/2025

A visita de 240 escolares abriu un evento que continúa pola tarde

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

29may(may 29)17:45Feria del Libro en O PorriñoFERIA | O PORRIÑO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X