Un ano máis, e van sete, as praias de Galicia acollerán unha xornada de limpeza simultánea coa que eliminar os residuos que se acumulan e, sobre todo, “dar unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño”.
A cita solidaria terá lugar este sábado, 20 de outubro, en múltiples praias de Galicia entres as que se atopan tres na área de Vigo. En concreto, os voluntarios e voluntarias poderán participar na limpeza dos areais de Alcabre (Vigo), Patos (Nigrán) e Cesantes (Redondela).
No caso de Vigo (10:30 horas) os responsables da organización serán os membros de Adega Vigo, namentres que en Patos (11:00 horas) a organización corre a cargo de Prado Surf e o Concello e en Redondela (10:00 horas) os encargados serán Sinha Paca.
Dende Adega lembran que cada ano, dez millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos, lixo que provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero tamén dos ríos, debido a unha mala xestión dos residuos en terra.
Os residuos vertidos no mar teñen graves consecuencias para a os ecosistemas mariños: máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria.
Outro dos problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a que diminúen a pesca comercial e degradan lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ademais de supoñer un enorme gasto de limpezas de praias.
Os interesados en participar poden contactar directamente coas organización responsables de cada entidade colaboradora ou con Adega a través do correo itziar@adega.gal. No caso de Nigrán, os voluntarios poden anotarse en atencioncidada@nigran.org.
Trueno sorprende en Castrelos con dos artistas invitados. Cuando Trueno canta, Vigo levanta la mano al ritmo de la calle
Abel Caballero ha tildado este viernes de "intolerable" que la Xunta "maltrate la educación pública y concertada de la ciudad"
La policía de Vigo se trasladó a la Panificadora para atender un posible caso de violencia de género. Detuvieron a un hombre que reside en este inmueble abandonado
Tablas top, conservas del mar y vinos cuidadosamente seleccionados. Esta es la nueva propuesta del nuevo templo del embutido en Vigo
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL