O Concello de Salceda de Caselas, xunto co grupo de voluntariado vinculado á vespa velutina, ven de iniciar o proceso de colocación de trampas para esta nova tempada. Un total de 21 persoas colaboran de xeito altruísta nesta tarefa, distribuíndose o traballo por parroquias, encargándose cada dúas semanas de repasar as trampas colocadas e o número de insectos desta especie invasora que caeron nas mesmas.
O pasado ano en Salceda de Caselas desactiváronse un total de 81 niños, que comparados cos máis de 100 que se desactivaron no 2016 aporta datos positivos en canto ao funcionamento das trampas, que están a conseguir a eliminación de raíñas e, polo tanto, de novos niños.
O Concello de Salceda, que facilita aos voluntarios o material e produtos precisos, agradece “enormemente o traballo levado a cabo por este grupo de voluntariado, sen o cal sería imposible manter a poboación de vespa velutina controlada”. Neste senso, a concelleira de Medioambiente, Carla Pérez, denuncia que “a Xunta de Galicia non fixo os seus deberes neste tema dende o primeiro momento, ata rematar derivándonos o problema aos concellos, que nos temos que buscar a vida para solucionalo co escaso material que se nos aporta”.
Pode interesarche: É posible evitar un ataque de vespa velutina e como actuar se sucede?
En el municipio de Leiro los termómetros marcaron el máximo valor en la provincia y en Galicia. La estación registró 38,7 grados
El presidente de la Xunta ha participado este viernes en el acto del décimo aniversario del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Desvelados los inscritos para el Rallye Rías Baixas 2025. "Cohete" Suárez, Alejandro Cachón o Javi Pardo, entre los más de 90 equipos
La Xerencia Municipal de Urbanismo dará luz verde el próximo martes al proyecto de recuperación de un edificio situado en López de Neira
Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL