A Unidade Técnica da Consellaría de Sanidade confirmou ao Concello de Ponteareas a idoneidade do terreo analizado recentemente cos responsábeis municipais para situar nel o futuro Centro de Saúde da localidade.
O terreo está localizado ao pé da N-120, entre as saídas da rúa Castañal e Paseo Matutino, no perímetro do centro urbano, moi próximo á estación de autobuses, e grazas ao PXOM a súa adquisición non terá custo ningún para o Concello, segundo explican dende o Goberno local.
A confirmación da idoneidade por parte dos técnicos da Xunta era o paso previo ao inicio por parte do Concello dos trámites urbanísticos correspondentes para avanzar na adquisición do terreo e a súa posta a disposición da Xunta de Galicia.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e a segunda tenenta de alcaldesa, Chus Garrote, salientaron o “diálogo fluído aberto coa Consellaría dende que esta atendeu a petición do Concello de enviar ao seu persoal técnico para estudar opcións e avanzar no obxectivo de dotar a Ponteareas dun novo Centro de Saúde”.
A alcaldesa informou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, do inicio dos trámites para ceder o terreo e lembroulle unha vez máis que “ao tempo que avanzamos no novo Centro de Saúde, a Consellaría debe resolver con urxencia os graves problemas que soporta na actualidade o actual Centro e a sanidade pública en Ponteareas e a comarca”.
Una conocida tienda vintage ya tiene fecha de reapertura y promete traer muchas novedades que se podrán descubrir muy pronto
Piden que la Xunta, que es patrocinadora, no permanezca "impasible" y exige que no participe en actos institucionales de La Vuelta
El centro de Vigo perderá dos pequeños inmuebles construidos a finales de los años 30 y actualmente en estado de abandono
El Gobierno avanza los planes para los viajes de mayores del Imserso que incluirán tarifa plana a rentas más bajas y opción de llevar animales
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL