• Apertura Mercadona Vigo
  • Huelga profesores
  • Mar de Ardora
  • Feria Portugal
  • Talasoterapia Rías Baixas
  • Samaín Casco Vello
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Hematofesti
  • Apertura en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

“Magníficos” datos de matrícula nos graos e dez novas titulacións para inaugurar o curso na UVigo

“Magníficos” datos de matrícula nos graos e dez novas titulacións para inaugurar o curso na UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
08/09/2025

Con 3869 estudantes matriculados nas 3752 prazas de novo ingreso de grao ofertadas, comezou este luns o curso 2025/2026 na Universidade de Vigo. Unha taxa de ocupación do 105% que o reitor, Manuel Reigosa, cualifica de “magnifica” e que sitúa, cando acaba de pecharse o sexto de prazo de matrícula, o campus de Pontevedra como o que acada a maior taxa de ocupación cun 107% (824 persoas matriculadas en 770 prazas ofertadas); seguido do de Vigo cun 104% (con 2018 matriculado en 1967 prazas) e Ourense cun 101% (1027 matriculados en 1015 prazas).

Xunto a unha taxa de ocupación moi elevada, a implantación de dez novas titulacións: tres programas de simultaneidade, seis másteres e un programa de doutoramento, marca este inicio de curso, que prolongará as súas actividades académicas ata o 5 de xuño. Ademais, en maio de 2026 está prevista a elección dunha nova reitora ou reitor, que substituirá a Manuel Reigosa, logo de dous mandatos á fronte da UVigo.

Másnoticias

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

27/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

24/10/2025

Benvida a unha universidade que volve superar o 100% na taxa de ocupación

O reitor, Manuel Reigosa, dá a benvida ao alumnado neste inicio de curso a unha universidade “agarimosa, comprometida coa calidade da docencia, coa máxima preocupación polo noso estudantado, unha universidade forte na procura do coñecemento e afeita á colaboración, tanto a nivel nacional como internacional. Unha universidade que traballa dende hai moitos anos por contribuír á mellora da nosa sociedade, para o cal esforzámonos para acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, para ser cada vez máis respectuosos coa diversidade, para que ninguén quede atrás”. Reigosa cualifica de “magníficos” os datos de matrícula acadados nos tres campus neste curso (a falta dos últimos prazos) e que “amosa que cada vez máis xente elixe como primeira opción para formarse a nosa institución. Estamos por isto dobremente esperanzados, porque esa transformación social á que aspiramos só pode realizarse se xogamos un papel central na sociedade. Nese senso, os datos de matrícula son moi chamativos e póñennos na senda de ser quen de formar parte das solucións que precisa o país”.

Pola súa banda, a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, destaca os positivos datos de novo ingreso nos graos, que máis aló da elevada demanda que se mantén ao longo dos anos nas titulacións do ámbito da enxeñaría, “a tendencia é que o alumnado queira facer cada vez máis simultaneidades de graos, así como Programas Académicos con Percorridos Sucesivos (PARS), matricula de grao e mestrado á vez. Os dobres grados, en concreto, nótanse nas notas de corte. Son estudantes moi bos que queren facer en menos tempo dous graos”. Coa vista posta na caída en dous ou tres anos da curva demográfica, Caparrini lembra que a UVigo traballa na captación de alumnado estranxeiro, de xeito prioritario en Iberoamérica e Portugal, polo similitude lingüística co castelán e o galego.

Dez novas titulacións

No referido ás novidades académicas, o curso arranca con varias incorporacións, tanto na oferta de grao como de mestrado e doutoramento. No que atinxe aos graos, este curso estréanse tres novos programas de simultaneidade, todos eles no campus de Ourense: Grao en Enxeñaría Agraria e Grao en Ciencias Ambientais; Grao en Enxeñaría Agraria e Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Grao en Enxeñaría Informática e Grao en Intelixencia Artificial.

No caso dos mestrados, a UVigo pon en marcha seis novos programas: tres en Vigo, dous en Pontevedra e un en Ourense. No caso de Vigo, botan a andar os mestrados en Literatura dramática, música e artes escénicas; Ensino de español como lingua estranxeira ou segunda lingua e Realidade estendida. En Ourense estréase o Mestrado en Economía Circular e en Pontevedra, o Máster en ciencia do exercicio, preparación física e readaptación e o de Creación artística contemporánea. Respecto ao doutoramento, soamente se estrea o Programa de Doutoramento en Investigación Sanitaria.

Retos para un novo curso en Ourense

Tamén en Ourense e tamén con moitas expectativas e ganas, arrancou este luns oficialmente o curso académico 2025/2026. Neste sentido, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, sinala que “temos case todas as titulacións cheas, nalgúns casos incluso con máis alumnado do que lle correspondería, e agardamos estar á altura desta boa acollida ofrecendo unha docencia de calidade, que é a que fai que cada ano moitos estudantes de fóra da cidade e da provincia nos elixan para facer os seus estudos universitarios”. Entre os grandes retos para este curso no campus, o responsable académico comenta que están executar as obras de construción do novo edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, consolidar os novos dobres graos postos en marcha e o desenvolvemento do Campus Auga. Este proxecto de especialización, acreditado e financiado pola Xunta de Galicia, lembra, “supón para nós unha inxección moi importante de fondos tanto a nivel de investigación como de docencia e transferencia”. Ao longo da mañá, o estudantado dos centros do campus de Ourense foise incorporando con normalidade ás aulas, celebrándose en diferentes facultades actos de benvida para os rapaces e rapazas de primeiro curso nos que non faltaron visitas guiadas e conferencias.

Pontevedra: retorno ás aulas nun campus que busca medrar

Con actos de presentación para o novo estudantado e coas primeiras clases, o campus de Pontevedra deu inicio a un novo curso que arranca “cuns datos de matrícula cos que estamos moi satisfeitos”, recoñece a vicerreitora Eva María Lantarón. A falta de completarse os últimos chamamentos, lembra, só o Grao en Enxeñaría Forestal conta “cunhas poucas prazas vacantes” para alumnado de novo ingreso. Alén das novas titulacións, a vicerreitora do campus destaca que este novo curso virá tamén marcado en Pontevedra pola posta en marcha do Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte, o primeiro que se crea en Pontevedra, á vez que polos traballos para acadar a acreditación do proxecto de especialización Campus Crea. Mirando cara o futuro, Lantarón destaca que “as nosas expectativas son tamén que sexa un ano no que, con todos os decanos e directores, fagamos un proxecto de campus”, pensando “non só na instauración dalgún novo grao”, senón tamén nas “posibilidades de construír algunha nova infraestrutura co propósito de que creza o campus, para o que é indispensable o apoio das institucións, como sería neste caso da Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra”.

A actividade académica comeza hoxe luns e remata o 5 de xuño

A actividade docente do primeiro cuadrimestre, que arranca hoxe luns, estenderase ata o 23 de xaneiro, mentres que o segundo cuadrimestre botará a andar o 27 de xaneiro e concluirá o 5 de xuño. Con todo, o calendario académico, máis aló da actividade docente, comprende entre o 1 de setembro e o 31 de agosto, non sendo lectivo nin o mes de agosto nin os períodos comprendidos entre o 20 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos, e entre o 30 de marzo e o 3 de abril de 2026, tamén ambos incluídos. A docencia tamén se interromperá o 16 e 17 de febreiro polo Entroido.

Ademais, o período comprendido entre o 8 de xuño e 31 de xullo de 2026 non computará para os efectos de actividades lectivas, pero neses días si que se poderán desenvolver actividades académicas non lectivas. Ademais dos festivos nacionais, autonómicos e locais, terá carácter festivo o luns, día 26 de xaneiro de 2026, no que se celebra o patrón da Universidade, San Tomé de Aquino, así como as festividades dos patróns dos centros.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Más de 5.300 personas disfrutaron del veganismo en Vigo en la feria Vegana.gal
Enfoque

Más de 5.300 personas disfrutaron del veganismo en Vigo en la feria Vegana.gal

...

PorPaula Carballo
27/10/2025
Mercadona desvela la fecha de su gran apertura en el centro de Vigo (que cerrará otro súper)
Enfoque

Mercadona desvela la fecha de su gran apertura en el centro de Vigo (que cerrará otro súper)

...

PorÁngel Vila
27/10/2025
El plazo para preinscribirse en la Escuela Oficial de Idiomas en Galicia se abre el 16 de junio
Enfoque

Huelga total de profesores en Galicia, aunque la Xunta obligará a abrir los centros educativos

...

PorMiguel Alonso
27/10/2025
Borrador automático
Enfoque

La magia azul del mar de ardora ilumina la Ría de Vigo en un espectáculo: "Nunca la vi tan intensa"

...

PorÁngel Vila
27/10/2025
O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo
Enfoque

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

PorMetropolitano
27/10/2025

A dotación económica dos VII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica ascendeu a 12.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X