Máis de 160 concellos galegos sumáronse este sábado, día 18, ao izado da bandeira galega -ou a súa variante nacionalista, a estreleira- convocado por Vía Galega para conmemorar o 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista. Vía Galega elixiu esta semana, do 13 ao 18 de novembro, para conmemorar esta efeméride, que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918.
Ademais dos izados de bandeira, 51 localidades realizaron tamén este sábado un acto, no que se recitaron poemas relativos á bandeira, houbo actuacións musicais e leuse o manifesto referido a xénese e significado dos símbolos galegos, á relevancia do manifesto nacionalista das Irmandades da Fala e ao dereito a exercer e existir como galegos.
Entre estas localidades están Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Teo, Ribeira, Outes, Pobra, Muros, Mazaricos, Arzúa, Fene, San Sadurniño, Cedeira, A Guarda, Melide, Foz, Moaña, Pobra de Brollón, Samos, Salceda, Tui, Rianxo, Oroso, Taboada, Brión, Redondela, Melide, Arzúa, Corcubión, Narón, Pontedeume ou Soutomaior. Nun comunicado, Vía Galega di estar "moi satisfeita polo resultado desta xornada reivindicativa de izado da nosa bandeira".
A entidade continuará co propósito de que todos os concellos coloquen bandeiras galegas en lugares visíbeis e que permanezan no futuro. "Pois se para todos os países os seus símbolos son importantes, para unha nación como a galega, sen estado de seu e sometida durante séculos a un proceso de total asimilación, aínda cobran maior relevancia", sinalan.
Galicia se convierte en el plató de rodaje del próximo 'true crime' de Netflix. Un brutal crimen que conmocionó a la sociedad
Omichi desvela la fecha la apertura de su nuevo local en pleno Casco Vello de Vigo. También tendrán a la venta elaboraciones propias
Caballero visita las obras de una de las nuevas infraestructuras del Vigo Vertical, el ascensor que conectará Romil con Hispanidade
Vigo y su área también estarán en aviso amarillo el miércoles por fuertes lluvias y rachas de viento superiores a los 70 km/h
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL