Marea de Vigo vén de solicitar que o Concello de Vigo mobilice dez millóns de euros para axudar ao comercio local, hostalaría e sector servizos a recuperarse tras o parón económico provocado pola crise do coronavirus. O grupo propón, amais de medidas fiscais, axudas directas para pagamentos de alugueiros, cobertura de gastos ou melloras tecnolóxicas.
A proposta do espazo municipalista céntrase en tres eixos: bonificar e establecer exencións en impostos e taxas municipais, reorientar e modificar partidas do orzamento actual do Concello de Vigo e que previsiblemente terán pouca ou nula execución ou que terán máis recursos dos finalmente orzamentados e unha forte campaña de promoción do comercio local.
Ente as axudas directas, atópanse unha achega de 1.000 euros por negocio e complementos por traballador, así como axudas á cobertura dos custes empresariais. Esta axuda estaría destinada a empresarios e autónomos que tiveron que pechar polas sucesivas actuacións do Goberno dende a declaración do estado de alarma e cunha facturación derivada menor do 50%. De existir crédito ampliaríase a autónomos e profesionais sen negocio físico nin empregados.
No apartado de impostos, Marea de Vigo pide liberar do pagamento de recollida de lixo durante o periodo de estado de alarma aos comerciantes, a adaptación ao consumo real do recibo da auga dende o mes de marzo ate decembro de 2020 ou a devolución íntegra da taxa de ocupación da vía pública para terrazas.
Por outra banda Marea de Vigo propón a readaptación, por motivos obvios de emerxencia, dos orzamentos municipais a través de modificacións concretas para reorientar recursos orzamentarios de xeito inmediato e habilitar xa cinco millóns de euros do orzamento do 2020 reducindo as partidas de novas rutas para Peinador, Festas de Vigo, instalación de alumeado de Nadal ou mellora de Balaídos.
Os outros cinco millóns que Marea de Vigo propón como investimento para este fin están supeditados ao compromiso do goberno expresado xa nas medidas tomadas despois de declarar o estado de alarma de artellar modificacións lexislativas que flexibilicen a regra de gasto para todas as entidades locais con superávit para empregos que sexan de carácter finalista.
Marea de Vigo pide tamén no seu documento o artellamento de políticas ambiciosas de fomento da compra no comercio local, mediante campañas de sensibilización contra o impacto que plataformas de compra online e con actuacións municipais directas e planificadas como reforzo efectivo e fomento da actividade económica local e de proximidade.
El ámbito de actuación ocupa 2.210 metros cuadrados en la intersección de la calle Antonio Palacios con la calle Tarela
La Xunta amplía la alerta roja por calor a nuevas zonas de Galicia. Una advertencia por el riesgo para la salud en este San Xoán
La Guardia Civil investiga el fallecimiento de un vecino en Moaña. Fue localizado en una habitación de un negocio hotelero
Dos temblores han sorprendido a vecinos y vecinas de Galicia esta madrugada. No hubo ni 20 minutos de diferencia entre ambos
La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL