• Acoso escolar Vigo
  • Praza de España
  • Navidad Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Chiringuitos Vigo
  • Dj Vigo
  • Cocido A Cañiza
  • Hotel Rías Baixas
  • Casting Netflix Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Marea propón un plan para un Vigo sostible: máis verde, máis bici e menos emisións

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/09/2020

Máis transporte público e máis accesible, plan de aparcadoiros disuasorios e aumento dos espazos verdes son algunhas das propostas da Marea de Vigo para lograr unha cidade máis sostible no marco da Semana Europea da Mobilidade 2020.

Entre as medidas a levar a cabo, as propostas da Marea de Vigo defenden unha mellora integral do transporte público. “Neste sentido – explicou Oriana Méndez - , a prórroga unilateral por parte do Goberno local con VITRASA, do Grupo Avanza, non afonda na mellora de cuestións como frecuencias ou infraestruturas. Non contempla o transporte intermodal, coa posibilidade de levar as bicicletas nos autobuses, tal e como acontece en moitas cidades europeas, nin un plan de transporte na área metropolitana, algo que reduciría considerablemente o acceso en vehículo privado ao centro da cidade”. Do mesmo xeito, desde Marea de Vigo “insistimos en que tamén hai que avanzar cara ao abaratamento das tarifas e na gratuidade selectiva atendendo a criterios sociais, mantendo o obxectivo estratéxico do estudo da futura remunicipalización do servizo” apuntou a concelleira.

Másnoticias

"La arrastraban, le hacían comer hojas", el duro relato del caso de bullying en un colegio de Vigo

"La arrastraban, le hacían comer hojas", el duro relato del caso de bullying en un colegio de Vigo

24/10/2025
Vegana.gal arrasa con 8.000 personas acercándose al veganismo en Vigo

Vigo se convierte en la capital del veganismo con Vegana.gal, la feria más top de toda Europa

24/10/2025

Na mesma liña, Oriana Méndez avogou pola creación de aparcadoiros disuasorios, e puxo en relieve as peonalizacións e a rede de carrís bici como “dous elementos fundamentais na senda da conservación da biodiversidade e da eliminación de emisións”. “As peonalizacións teñen que ser planificadas, rigorosas e duradeiras, cuestión que non se cumpre nas peonalizacións na nosa cidade. Apostamos polas peonalizacións completas, xa que só deste xeito crearíase unha zona de baixas emisións”. Con respecto aos carrís bici, resaltou a necesidade de que estes sexan “seguros, planificados e non feitos a base de improvisacións e de anuncios cosméticos, debendo seguir as normas da DGT e basearse nunha ordenanza de mobilidade sostible, ordenanza que hoxe en día segue no aire neste concello”.

En canto ás medidas para a conservación da biodiversidade, Oriana Méndez apelou ao aumento dos espazos verdes peonís, “fronte a política de talas indiscriminadas que se está levando a cabo en Vigo”. “Trátase dun ben común que incide na mellora da saúde pública” engadiu a concelleira.

Do mesmo xeito, Oriana Mendez enfatizou a necesidade de recuperar o litoral vigués, comezando pola rexeneración do areal de Samil e a ampliación do Espazo Natural de Interese Local dende o Vao ata a xunqueira do Lagares, incluíndo as praias de Fontaíña, A Calzoa e Foz.

Por último, a concelleira interpelou ao Goberno local ao cumprimento da Declaración de Emerxencia Climática aprobada polo Pleno do Concello, trasladada ao Pleno a través da Marea de Vigo desde os colectivos ecoloxistas da cidade.

Temas: Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025
"La arrastraban, le hacían comer hojas", el duro relato del caso de bullying en un colegio de Vigo
Enfoque

"La arrastraban, le hacían comer hojas", el duro relato del caso de bullying en un colegio de Vigo

Decenas de personas se concentraron este viernes en el exterior del colegio vigués Monterrey, en Teis. Los padres relatan los hechos.

PorÁngel Vilay1 Otros
24/10/2025
Enfoque

Las Rías Baixas estarán presentes en Londres en una de las mayores ferias de turismo

La Deputación lleva la oferta de las Rías Baixas feria World Travel Market (WTM) de Londres con un mostrador propio

PorMetropolitano
24/10/2025
Enfoque

Vigo da nuevos pasos para tener una Praza de España "preciosa y semipeatonal"

Abel Caballero anuncia que el martes se completarán todos los trámites para iniciar la revolución en Praza de España

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo
Enfoque

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

PorUxía Pérez
23/10/2025

A toma de posesión celebrouse este xoves no edificio Ernestina Otero - Elas representan o 62,5% das novas catedráticas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X