A concellaría de Obras e Servizos do Concello de Moaña vén de iniciar o proceso para asfaltar seis viarios do municipio ante o "mal estado de conservación e deterioro do pavimento". As obras están financiadas polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra e teñen un custe de 124.252 euros e veñen de saír a licitación pública.
O concello asfaltará o camiño do Lazareto en Tirán, o camiño da Faniequeira en Meira, o camiño da Costa en Domaio, o camiño de Fonte Bieita, o camiño de Bouza Murilla e a rúa Daniel Castelao. As obras, que comezarán no Camiño do Lazareto, prolongaranse durante un período de dous meses, despois da adxudicación. En todas as actuacións renovarase a capa de firme e se pintarán as marcas viarias.
A actuación máis complexa será a que teña lugar precisamente na primeira rúa en recibir as obras, no Camiño de Lazareto que conecta a praia co Camiño Real. Alí, debido as limitacións de gálibo do túnel que transcorre baixo a estrada PO-551 deberase fresar todo o viario. Amais, reordenarase o tráfico no tramo final da rúa, xunto ao lavadoiro e a baixada peonil á praia de Tirán co obxectivo de asegurar o acceso no verán limitando o aparcamento en ambas marxes.
Pola súa parte, no Camiño da Fanequeira, en Meira, tamén se fará unha reparación puntual no camiño da Moureira, reparando as fochancas. No caso de Daniel Castelao asfaltarase o tramo alto, no cruce coa estrada PO-511.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL