Coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o este luns vai manter o equipo de Goberno de Tui en cada parroquia. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.
A primeira reunión está prevista para este luns, 8 de novembro, ás 20:00 horas na Casa Cultural de Rebordáns. O martes, a reunión será en Malvas, o mércores, en Randufe, e o xoves, en Baldráns, sempre ás 20:00 horas. Mentres o venres o equipo de Goberno achegarase a Areas ás 20:15 horas.
As reunións continuarán o luns 15 ás 20:30 horas en Guillarei, o martes 16 en Paramos, o mércores 17 en Ribadelouro, e o venres 19 en Pazos de Reis, nos tres casos ás 20:00 horas. Por último o luns 22 celebrarase a xuntanza coa veciñanza de Pexegueiro, e o martes 23 coa de Caldelas, en ambos casos tamén ás 20:00 horas.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vén de convidar aos veciños e veciñas de cada unha das parroquias a asistir a estas reunións para poder coñecer así de primeira man as súas inquedanzas, necesidades ou suxestións. No ano 2019 desenvolvéronse tamén, no mes de novembro, xuntanzas coa veciñanza das distintas parroquias tudenses.
Las familias esperan que la apertura del juicio oral sea una "forma de avanzar" hacia "una futura sentencia justa"
El Congreso rechazó las enmiendas introducidas por el PP en el Senado y mantiene el texto pactado por PSOE, Sumar y BNG
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
La Guardia Civil mantiene abierta una investigación y busca al conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda este jueves
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL