O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar inicialmente a mutación demanial interna do seu antigo centro de saúde para destinalo a usos de carácter sociocultural, educativo ou de benestar social. A proposta foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos da corporación.
O enorme dinamismo social do Concello de Salceda fai precisa a dotación de novos espazos que acollan a multitude de iniciativas tanto públicas como as que parten do tecido asociativo, así como para cubrir as necesidades da xuventude salcedense, polo que o trámite que ven de aprobarse resultaba fundamental.
Cabe lembrar que o Concello puxo tamén o edificio do antigo centro de saúde a disposición da Consellería de Educación da Xunta de Galicia para que puidese ser empregado como centro educativo nestes momentos de pandemia e poder deste xeito diminuír as ratios dos centros do municipio, resposta que ata o de agora non tivo resposta. Por este motivo a mutación inclúe o uso educativo que permitiría acoller os nenos e nenas se así o estimase a Xunta de Galicia.
O edificio, situado na Rúa Compostela, en pleno centro urbano, quedou sen uso o pasado 29 de xullo coa apertura do tan demandado novo centro de saúde. O inmoble é de titularidade municipal, polo que agora será o Concello o que busque novos destinos para o mesmo.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, sinala que “temos a sorte de contar cun Concello dinámico con multitude de iniciativas sociais, culturais e deportivas, polo que seguiremos a buscar novas alternativas e novos espazos para que esta riqueza da nosa vila poida seguir a ser unha realidade”.
En Vigo, solo en 2024, 40 personas fallecieron sin que nadie pudiera hacerse cargo de su sepelio. Son las cifras de la muerte en soledad
El procesado se hacía pasar por intermediario de conocidas agencias de viajes pese a no haber tenido nunca vínculo alguno con estas empresas
Ponteareas pide colaboración ciudadana para acabar con el vandalismo. Ya ha puesto en manos de la Policía Local y de la Guardia Civil el caso
Una aldea del norte de Portugal se transformará en un moderno proyecto turístico. Así lo está contando el influencer que está detrás
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL