O BNG de Redondela vén de denunciar o "carácter electoralista" das obras de mellora da subida á Cidadelle. "Consultada a Plataforma de Contratación pública, non existe ningún anuncio de mesa de contratación desta obra polo que nos atopamos ante un mero anuncio de carácter electoralista”, lamentan dende a formación nacionalista para asegurar que o Goberno local "quixo dar a impresión do inicio inminente das obras, cando nin sequera existe un proxecto público”.
Porén, máis alá do anuncio, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, demanda “unha reforma integral máis ambiciosa que inclúa toda a estrada desta parte alta de Chapela”. Refírese en concreto á proposta do Goberno socialista de dividir en varias fases as obras. “O resto de veciños e veciñas de Cidadelle tamén teñen dereito a que se teña en conta a súa situación de deterioro de infraestruturas”, sinala.
O BNG pide que non se "alonguen no tempo" as obras dividindo as actuacións en varias fases e insiste en que deben executarse reformas "integrais" que actúen tamén nas canalizacións de abastecemento de auga, alumeado público eficiente e accesibilidade a internet. Por último, piden a rexedora local, Digna Rivas, que inclúa nas actuacións municipais o acordo impulsado polo BNG para mellorar a seguridade viaria en todo o Concello, nun modelo que permita que peóns e vehículos convivan.
La Xunta ha remarcado que Galicia responde a las necesidades de otras comunidades autónomas y presta su apoyo
Un espacio gastronómico de Vigo comienza un nuevo proyecto en las Rías Baixas. Tacos "take away" junto al mar
Louzán confirma que la Federación de Fútbol trabaja para que la FIFA elija a Vigo y Valencia como sedes del Mundial 2030
Vigo aplica cortes de tráfico en la zona al comenzar la primera fase de la humanización de la calle Cesáreo Vázquez
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL