O Bloque Nacionalista Galego vén de acusar o Goberno de Abel Caballero de actuar de “forma mafiosa” co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. A fronte nacionalista denuncia que o Goberno municipal aínda non lle facilitou acceso ao documento de aprobación provisional, malia ter superado case tres veces o prazo legal dende a solicitude realizada o pasado 31 de outubro.
“A concelleira de Urbanismo, María José Caride, ten que deixar de tratar o novo Plan Xeral como se fose un negociado familiar”, reclamou o portavoz municipal do BNGde Vigo, Xabier P. Igrexas, despois de reiterar esta demanda no Consello da Xerencia de Urbanismo celebrado este martes. “Non atender esta solicitude supón vulnerar os dereitos fundamentais de representantes electos”, advertiu, lembrando a obriga recollida no artigo 9 do Regulamento Orgánico do Pleno de facilitar acceso á documentación.
Igrexas subliñou a relevancia do documento de aprobación provisional, onde figuran as propostas de ditame das máis de 4.000 alegacións formuladas pola veciñanza e colectivos da cidade ao novo PXOM. “Que ten que esconder o Goberno de Caballero? Que é o que non quere que o BNG poidamos coñecer? Por que tanto esforzo por ocultar ese documento?”, cuestionou.
O portavoz nacionalista asegurou que “xa abonda de escurantismo” e chamou a poñer “luz e taquígrafos” no urbanismo vigués. “Urxe máxima transparencia para acabar cos abusos e a barra libre que levamos padecendo xa demasiados anos”, esixiu Igrexas, poñendo como exemplo os "escándalos do pelotazo” dos chalés de Cabo Estai ou as licenzas outorgadas ilegalmente durante o período de suspensión automática.
“Non lle imos consentir nin á señora Caride nin Abel Caballero que impoñan unha censura autoritaria e antidemocrática en relación ao Plan Xeral co que se quere definir o modelo de cidade para os vindeiros 15 anos”, remachou Igrexas.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL