O Bloque Nacionalista Galego alerta de que Vigo "non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros para garantir a seguridade" en plena vaga de calor e incendios que arrasan diferentes puntos de Galicia. A fronte nacionalista acusa desta situación á “nefasta” xestión do goberno de Abel Caballero, que se traduce en que moitos días do verán o corpo de emerxencias apenas contou con entre 12 e 14 bombeiros por xornada.
“Vigo non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros que se establecen como mínimo para o operativo que ten que garantir a seguridade de todas as viguesas e vigueses”, advertiu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en base a datos contrastados aos que tivo acceso a fronte nacionalista.
Igrexas reclamou explicacións “urxentes” do Goberno municipal, así como a adopción de medidas “inmediatas” por parte da responsable da área de Seguridade, Elena Espinosa, diante do contexto de vaga de calor e dos incendios que arrasan nestes días o conxunto do territorio galego. Nese sentido, o edil nacionalista lamentou que as distintas administracións non teñan aprendido “nada” despois da experiencia “nefasta” dos lumes de 2017 na cidade.
Así, o concelleiro do BNG denunciou que as comunidades de montes locais "seguen sen dispoñer dos recursos necesarios para protexer os espazos naturais" da cidade pola "falta de apoio" tanto do Concello de Vigo como da Xunta. “A estas alturas do ano 2022, e cinco anos despois dos graves lumes, non se avanzou nin un só metro do prometido anel verde”, recriminou.
Por último, o edil nacionalista chamou ao goberno da cidade a actuar con “responsabilidade e axilidade” para reforzar o corpo co número suficiente de efectivos. “É urxente garantir a seguridade en Vigo, singularmente, nos seus montes diante do risco crecente dos lumes”.
El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía
Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad
El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"
El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL