O portavoz do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, vén de subliñar o “compromiso firme” do BNG para reverter a privatización e os recortes aplicados na área sanitaria de Vigo, a través de medidas como o rescate da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro e a absorción de Povisa polo Sergas.
Para o BNG de Vigo o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que recoñece a obriga de que o hospital Álvaro Cunqueiro pague o IBI -obligándolle a aboar 970.000 euros anuais- confirma que o HAC “non é un hospital público” e desmonta a campaña de “propaganda e falsidades do Partido Popular”.
Igrexas cargou con dureza contra o modelo “ruinoso” imposto polo goberno galego de Núñez Feijóo e que supuxo, dixo, triplicar o custo do novo hospital até os 1.400 millóns de euros. “Cada ano o Sergas destina 150 millóns de euros de diñeiro público aos petos de empresas privadas” alertou, facendo referencia ao canon anual que se abona á UTE propietaria do HAC e mais ao concerto singular de Povisa.
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e a Plataforma SOS Sanidade Pública convocaron unha nova manifestación para o martes, 17 de marzo, en defensa da sanidade pública. A marcha partirá ás 20:00 horas do cruzamento de Urzáiz coa Dobrada.
As entidades convocantes denuncian que a área sanitaria viguesa “segue padecendo as consecuencias dos experimentos privatizadores” do Partido Popular de Núñez Feijóo. Ademais, resaltan que a área de Vigo é a “máis discriminada” de Galicia porque, explican, “unha parte importante do seu orzamento” dedícase a financiar as privatizacións.
Os profesionais denuncian consultas “ masificadas que superan por moito o límite dos trinta doentes diarios”, o que redunda nunha peor calidade asistencial. Os puntos de atención continuada (PAC) sofren unha “presión insoportable”.
Rueda asegura que trabajará junto con la Iglesia para intentar que el Papa visite la comunidad gallega dentro de dos años
Cambio de última hora en una de las grandes actuaciones de Castrelos 2025. Vigo modifica uno de los conciertos internacionales del verano
El Supremo inadmite el recurso del Concello de Vigo contra el cobro de esos 1,1 millones por parte de la Xunta por obras en Eiras
Bueu saca pecho por su patrimonio natural y cultural. Esta localidad ha sido reconocida por sus playas y estos tres enclaves turísticos
Este viernes se podrán ver estos innovadores proyectos y prototipos en el Museo Verbum, donde será la entrega de premios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL