• Pollos Muñoz Vigo
  • Novedad Vialia Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • PortAmérica
  • Fiesta Moaña
  • Cascata dos Sonhos
  • Desaparecida Vigo
  • Oferta termal
  • Caballero Medicina
  • Inauguración Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG aspira a "multiplicar apoios" en Vigo ante a "deriva autoritaria" de Caballero

O BNG aspira a "multiplicar apoios" en Vigo ante a "deriva autoritaria" de Caballero
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/06/2022

O Bloque Nacionalista Galego aspira a multiplicar apoios en Vigo como alternativa política “en positivo” de cara ás eleccións municipais de 2023. A fronte nacionalista puxo esta mañá en valor o traballo realizado durante os tres anos do actual mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses.

“O BNG desenvolvemos un traballo permanente, abordando desde os grandes temas até as cuestións máis cotiás, que con humildade, mais de maneira desacomplexada, cremos que marcou a diferenza”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante un almorzo informativo para valorar a situación política local e as perspectivas e liñas de traballo das nacionalistas.

Másnoticias

Aena califica de "espurios" los argumentos de Ryanair y dice que sus exigencias podrían ser ilegales

Condenado a cárcel y a pagar 10.000 euros por provocar el desvío a Vigo de un vuelo de Ryanair

20/11/2025
Vigo pide retomar el trasvase y la construcción de una nueva presa

La Xunta encarga por vía de urgencia las obras para sustituir las válvulas dañadas en la presa de Eiras

20/11/2025

Igrexas defendeu o papel do Bloque en Vigo como oposición “construtiva”, no que destacou que cada crítica e denuncia foi acompañada dunha proposta ou solución aos problemas da cidade fronte ao “coro inútil da confrontación pola confrontación” do resto de formacións políticas. Neste sentido, salientou a coherencia do BNG na defensa “incondicional” dos intereses de Vigo tanto no Concello, no Parlamento galego, no Congreso como no Parlamento europeo. “Nós non defendemos a Vigo en función da cor política do goberno de turno, nin temos posicións que van e veñen como outras forzas”, afirmou. Ademais do traballo institucional, fixo fincapé tamén na actividade das nacionalistas a pé de rúa “pateando os barrios e as parroquias, nun estreito contacto co tecido asociativo e cos movementos sociais”.

Sumar fronte o "Goberno fake"

O edil nacionalista adiantou que o BNG traballa xa na posta en marcha dun proceso participativo de base ampla co que aspiran a “sumar para multiplicarnos” cara aos comicios municipais previstos para maio de 2023. “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso  fronte a un Goberno fake, que promete pero que non fai e que intalou a cidade na inercia”.

Igrexas valorou a crecente corrente de simpatía cara ao BNG, como apuntan as diferentes enquisas publicadas, que sitúan á fronte nacionalista como a única forza política á alza en Vigo. “Sabendo que hai cada vez máis viguesas e vigueses que cren que a cidade merece máis, moito máis, que un Goberno que só fabrica titulares pero que xa se demostra esgotado e incapaz para resolver os problemas da cidade e para encarar os reptos que temos por diante”, apuntou.

"Deriva autoritaria" de Caballero

O portavoz municipal do BNG volveu afear o rexeitamento do alcalde de Vigo a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade, proposto polas nacionalistas, por “pura e dura covardía e desprezo á pluralidade”. Unha negativa que, a xuízo do Bloque, evidencia a “radicalización na deriva autoritaria e antidemocrática do PSOE de Abel Caballero”.

O concelleiro do Bloque chamou a todas as viguesas e vigueses “que cren que temos que avanzar cara a unha cidade non só máis fermosa, senón sobre todo máis habitábel e verde, coas persoas no centro, sabendo que humanizar de verdade é actuar para que deixe de haber filas da fame ou xente tendo que durmir nas rúas que se inauguran” a se sumar ao proxecto nacionalista.

Candidatura

A preguntas dos xornalistas a respecto da configuración da candidatura de cara ás vindeiras eleccións municipais, Igrexas explicou que a fronte nacionalista vén de iniciar o proceso interno que deberá resolverse nas vindeiras semanas. “O BNG somos unha organización radicalmente democrática e será a militancia quen decida, coma sempre, que persoa encabezará a candidatura”, afirmou.

En relación á súa continuidade á fronte do BNG vigués reiterou que “no Bloque non hai nin dedazos nin autoproclamacións”. “Levo militando con orgullo no BNG desde 1999 e, como desde o primeiro día, estou a disposición da miña organización”, remachou Pérez Igrexas, quen levou de novo ao Bloque ao Concello de Vigo nas últimas eleccións despois de quedar fora da Corporación municipal entre 2015 e 2019.

O BNG iniciará agora un proceso participativo de "base ampla" co que buscan sumar apoios e ideas de cara ás vindeiras eleccións municipais. Así, comezarán unha rodal de visitas a barrios e parroquias para explicar o proxecto nacionalista na cidade.

Temas: Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Aena califica de "espurios" los argumentos de Ryanair y dice que sus exigencias podrían ser ilegales
Enfoque

Condenado a cárcel y a pagar 10.000 euros por provocar el desvío a Vigo de un vuelo de Ryanair

Los hechos ocurrieron en 2023 mientras el varón estaba consumiendo bebidas alcohólicas durante el vuelo con una conducta "hostil y agresiva"

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025
Encuentran tirado en una calle en Vigo un sobre con casi 500 euros en efectivo y albaranes de empresa
Enfoque

El Gobierno sube ya al 11% su oferta de subida salarial para los funcionarios

CC.OO. y UGT valoran el esfuerzo del Ejecutivo y estudiarán la propuesta, mientras que CSIF la sigue viendo insuficiente y pide una nueva

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025
Vigo pide retomar el trasvase y la construcción de una nueva presa
Enfoque

La Xunta encarga por vía de urgencia las obras para sustituir las válvulas dañadas en la presa de Eiras

El gobierno autonómico señala que los trabajos para sustituir las válvulas dañadas costarán unos 2 millones y llevarán "varias semanas"

PorEuropa Press
20/11/2025
La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones
Enfoque

La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones

PorMetropolitano
19/11/2025

En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

20nov18:00Encendido de la Navidad A LaxeNAVIDAD | VIGO | GRATIS

20nov18:00Encendido de la Navidad CC Gran VíaNAVIDAD | VIGO | GRATIS

21nov17:0019:00Magosto en Solar da Pomba en VigoMAGOSTO | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X