O BNG vén de denunciar os "numerosos exemplos" de vías da cidade olívica que incumpren a Ordenanza municipal de Normalización Lingüística, que fixa o galego como idioma do rueiro vigués.
Así o esixiu este venres a concelleira do BNG, Ana Martínez, quen lamentou que persistan na rede viaria da cidade un importante número de sinalizacións en castelán, algunhas de creación recente. Dende a formación poñen como exemplo a Carretera de Miraflores, Carretera da Ponte de Segade, Subida a la Cuesta, Subida al Castillo, Carretera de Bembrive, Orense, Bayona ou Vizcaya. “Estes son só algúns dos topónimos deturpados que se poden ler nas rúas, estradas, camiños e paradas de autobús da nosa cidade”, subliñou.
Diante desta situación, Martínez demandou que o Goberno municipal "actúe para corrixir estas rotulacións", tanto as de responsabilidade municipal como as que dependen de outras administración, así como a ter en conta esta normativa no seu plan de renovación das sinalizacións viarias. “Estes elementos perduran no tempo e son a imaxe do concello”, valorou a concelleira nacionalista, reivindicando un Vigo "orgulloso da lingua galega e que contribúa activamente a fomentar o seu uso na cidade".
Dende a fronte nacionalista consideraron que non chega con que o alcalde, Abel Caballero, utilice o galego de “xeito anecdótico e ritual” durante o Día das Letras Galegas. “O Concello de Vigo ten que amosar o seu compromiso total coa plena normalización da nosa lingua na maior cidade de Galiza”, defendeu Martínez. “E iso pasa por usar o noso idioma en todos os contextos, tanto orais coma escritos, por parte de todos os concelleiros e concelleiras na súa relación coa cidadanía, cos medios de comunicación, e tamén na cartelaría e sinalizacións viarias”, remachou.
Vigo acoge desde este lunes el rodaje de la serie de la última novela del universo Leo Caldas creado por el escritor vigués Domingo Villar
La actuación de una tuna en plena calle Príncipe sorprendió a los vigueses y viguesas. Su concierto improvisado no pasó desapercibido
Un local que se embarcó en una nueva aventura hace ya tres años en la ciudad de Vigo se despide de sus clientes
El BNG lamenta que la apertura del centro de salud Olimpia Valencia implique la clausura de los espacios de Nicolás Peña y López Mora
Investigadores estudian en Vigo cómo las olas de calor marinas afectan al equilibro de los ecosistemas oceánicos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL