O Bloque Nacionalista Galego critica a proxección da imaxe do alcalde de Vigo, Abel Caballero, baixo o rótulo ‘O mellor alcalde do mundo’ durante o concerto de David Guetta celebrado este pasado domingo. Así, a fronte nacionalista esixe que o Goberno municipal aclare se o gabinete de Alcaldía ou outro departamento do Concello deu instrucións para este novo uso propagandístico dos concertos da cidade.
“Os grandes concertos de verán, as festas que pagamos todas as viguesas e vigueses con diñeiro público, non poden ser utilizadas como grande escenario para o ego imperial de Abel Caballero”, afeou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lamentou que estas prácticas do rexedor se veñan repetindo ano tras ano nas actuacións en Castrelos, incluso asegurando por contrato a súa intervención como teloneiro.
Igrexas cualificou de “bochornoso” e “inaceptábel” que se proxectase na pantalla xigante do auditorio, pouco antes do inicio da actuación, a chegada do alcalde á platea cunha mensaxe sobreexposta sobre a bandeira de Vigo autoproclamándoo como ‘mellor alcalde do mundo’. “É unha burda utilización propagandística nesa campaña permanente de culto á personalidade, na que Caballero confunde a institución co seu partido e reduce a cidade á súa propia persoa”, censurou.
Diante deste novo exemplo, o portavoz nacionalista insistiu "na necesidade de que o Goberno local explique quen deu indicación para realizar esa proxección". Nese sentido, reclamou tamén poñer fin á continua utilización do Concello de Vigo como soporte para a publicidade do alcalde e do Goberno socialista.
Guillermo Lago, de Redondela y con 18 años recién cumplidos, luchará ahora por ser el hombre más guapo del mundo en 2026
El llamado Muíño do Vento se transformará para crear un espacio de encuentro con una nueva plaza pública con zonas de agua
Avempo hace un balance positivo de la prueba popular y agradece el gran apoyo social recibido por las vecinas y vecinos de Vigo
El Concello de Tui adaptará el proyecto de reforma de Praza da Estrela ante el hallazgo de importantes restos arqueológicos
A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
La imagen la puse yo!es mi pensamiento libre y lo expreso.es el mejor alcalde del mundo!
Si tienen algún problema que me contacten,soy un ciudadano de a pie que reconoce que si no pueden competir contra el,intentan atacarlo de todas las maneras posibles
Tendrá sus cosas buenas o sus cosas malas pero hasta que se jubile seguirá siempre y lo saben por eso lo atacan