O anuncio por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de que se vai iniciar un programa de actuacións musicais nos barrios dentro dunha pretendida campaña de promoción do comercio local, motivou as críticas do Bloque Nacionalista Galego, que consideran que non dá resposta ás demandas do sector que leva desde o inicio da pandemia demandando axudas directas.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reaccionou ao anuncio do rexedor saudando positivamente a decisión no que ten de “rectificación da política de desertización cultural” que practica desde hai anos o actual goberno local. Neste sentido, lembrou que entre outros programas, liquidouse o MoveVigo, que se desenvolvía en colaboración co movemento veciñal, ou o Vigo a Escena, que eran, segundo Igrexas, “programas que levaban de maneira permanente e descentralizada a cultura aos barrios”.
No entanto, para o portavoz municipal nacionalista esta medida non atende o reclamo que desde o inicio da pandemia realizou de maneira reiterada o sector comercial da cidade demandando que se habiliten liñas de axudas directas. “O que precisa o pequeno e mediano comercio son axudas reais e efectivas, como as que están a despregar outros concellos, pero Abel Caballero o que lles ofrece é unha banda sonora en modo de orquestra do Titanic para acompañar musicalmente o feche de estabelecementos e que sigan aparecendo cada día máis carteis de ‘alúgase’ ou ‘véndese’ for ceses de actividade”, reprochou con ironía Igrexas.
Desde a fronte nacionalista subliñan que Vigo é a única cidade galega que “non destinou nin un só euro en axudas directas para amortigüar o durísimo impacto da crise derivada da pandemia”.
O BNG propuxo xa no inicio da pandemia a posta en marcha dunha Estratexia Local de Promoción Económica e do Emprego que incluíse unha partida de, como mínimo, 10 millóns de euros para axudar ao comercio e a hostalaría. Recentemente, demandaron tamén a extensión ao tecido comercial da exención da taxa do lixo anunciada só para a hostalaría e locais de lecer nocturno. “Está moi ben que haxa música na rúa e que se reactiven as actividades culturais nos barrios, pero o que precisa o pequeno e mediano comercio son axudas de verdade”, remachou Pérez Igrexas.
Tomiño busca emprendedores para cuatro de los puestos de su Mercado Municipal. Así son los espacios que ofrecen
Unos ladrones aprovecharon la noche de Halloween en Vigo para entrar en viviendas. La Policía Nacional investiga varios robos
La Policía Nacional detuvo a la autora de la agresión mortal, que tuvo lugar poco antes de las 19:00 horas de este jueves
El área de Vigo puede ganar un nuevo 'hotel boutique' con 9 suites y zona de restauración. Así quieren revivir este histórico edificio
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL