• Escapada Pazo Rías Baixas
  • Galicia Fest
  • Feira do Libro
  • Carnaval Verano Valladares
  • Verbenas en Galicia
  • Fiesta Mexicana
  • Festa da Langosta
  • Verano en O Rosal
  • Histórico local Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG cumpre 40 anos, un "bloque" que naceu da suma do que "unía": Galicia "nación" e "autodeterminación"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Europa PressPorEuropa Press
15/09/2022

O BNG cumpre este mes de setembro 40 anos da súa fundación no Frontón de Riazor (o 25 e 26) e este mércores emitiu por primeira vez publicamente o documental que recolle os primeiros pasos dunha formación que se constituíu como fronte política e no que, como se narra no traballo audiovisual, era "máis o que unía que o que separaba".

Naceu para defender unha Galicia "como nación" e baixo a premisa da "autodeterminación ou soberanía" nun contexto no que había movementos sociais, sindicais e culturais que pivotaban sobre esta órbita, pero na que era necesaria unha estrutura organizativa única, explican os fundadores neste documento que extracta as entrevistas completas con doce protagonistas e que impulsou a Fundación Galiza Sempre, que preside Rubén Cela.

Másnoticias

Críticas a Caballero por su "complicidad e inacción" para acabar con la "piratería" de Uber en Vigo

25/06/2025

Pontón destaca la década del BNG en Moaña como "el mayor avance en la historia" local

21/06/2025

No documental participaron Alfredo Suárez Canal (moderador da asemblea fundacional), Pilar Allegue, Mario López Rico, Encarna Otero, Francisco Rodríguez, María do Pilar García Negro, Lois Diéguez, Saleta Goi (recentemente falecida), Xoán Carmona, María do Carme García Negro, Xosé Manuel Beiras, Néstor Rego e Ana Pontón, actual portavoz nacional do BNG. E este mércores, o acto reuniu a case todos os protagonistas do documental, que tiveron un papel fundamental no ano 1982. Non puideron acudir Néstor Rego (agora deputado no Congreso, porque había pleno en Madrid), Pilar García Negro (de viaxe) e Lois Diéguez, que escusou a súa ausencia aínda que inicialmente tiña intención de acudir, mentres que o acto estivo dedicado a Saleta Goi, que recibiu un sentido aplauso de homenaxe por un Teatro Principal cheo.

Foto sen Francisco Rodríguez

Aínda que o reencontro non foi pleno, si sentiu nas rúas da Rúa Nova no centro histórico compostelán o que Encarna Otero chamou unha "bonita" imaxe coa estampa de Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras alí atopados. Posteriormente, houbo foto de familia na que participaron algúns dos protagonistas do documental, incluída a portavoz nacional actual, Ana Pontón, pero sen Francisco Rodríguez, histórico dirixente da UPG coa que as friccións co sector de Beiras acabaron na ruptura en 2012 e a saída dalgúns dos constituíntes do Bloque.

De feito, a propia Encarna Otero recoñece, no documental emitido, que un dos momentos "máis dolorosos" da súa vida política foi o "paso atrás" que deu despois da asemblea de Amio, a cal supuxo a saída de dirixentes fundacionais como o propio Beiras e outro dos protagonistas do documental, Mario López Rico.

Na rúa compostelá, e aínda que Beiras limitouse a asegurar que tanto a Camilo Nogueira como a Encarna Otero veos con frecuencia, o desde este ano Medalla Castelao asegurou ter "a impresión de que isto é o inicio de algo", mentres que a que fose alto cargo na Consellería de Vivenda co bipartito destacou a emoción do momento.

Homenaxe a Saleta Goi

Xa no teatro principal, Rubén Cela homenaxeou a Saleta Goi, unha "galega consciente, fiel e entregada, comprometidas como poucos e cuns fortisimos principios, incombustible, loitadora, incansable e até o último alento da súa vida, unha grandisima patriota e militante da causa nacional galega".

No documental, a última entrevista gravada antes do seu falecemento, Saleta Goi destaca a "importancia da linguaxe de non empregar unha "linguaxe ambigua". No marco da explicación do debate de nome, Néstor Rego subliñou que a inclusión de nacionalista "identificaba o que quería ser", mentres que Francisco Rodríguez significou o feito de que "galeguistas" da república non deran este paso a pesar de declararse como tal e que, por tanto, era un punto de inflexión.

No documental, faise un repaso da motivación para a constitución dunha organización nacionalista que aglutinase a todo o movemento nunha única arquitectura, cunha "solución híbrida" na que non era só unha fronte de partidos nin só adscrición individual.

Pola súa banda, na presentación do documental, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou, como tamén queda reflectido no traballo audiovisual, como os impulsores do Bloque entendían a necesidade de "sumar desde a diversidade" con "principios moi claros": a autoorganización e a defensa dos dereitos nacionais de Galicia. "Esa organización nacía para aglutinar un nacionalismo de base, tanto no sindical, como no ensino, no agro, cultural, no feminismo e ecoloxismo", destacou, antes de proclamar que "40 anos despois, Galicia gañou co BNG".

Documental

No documental, cuxas entrevistas completas poderanse consultar máis adiante nos arquivos da Fundación Galiza Sempre, tamén se destaca o compromiso feminista da organización desde o seu inicio, coa decisión de constituír o movemento de mulleres nacionalistas feministas pero tamén de actuar socialmente, como lembran as irmás García Negro.

Ademais, os protagonistas explican como o BNG naceu como resposta a unha Constitución que, despois do 23F --Beiras di no documental que "pactado" por "Exército, Monarquía e PSOE", aplicábase de forma "restritiva". No traballo gráfico, Francisco Rodríguez fala de "guerra sucia" contra o nacionalismo --"desapiadados, non se aforrou nada para combaternos"-- e advirte de que a sociedade galega "non dá" para un "pluripartidismo" no campo do nacionalismo.

María do Carmo García Negro destaca tamén no documento gráfico como fronte a todos os agoiros do "declive", como non se cumpriron. "O legado está aí", subliña Suárez Canal, en liña co que proclamou Ana Pontón no documental: "O BNG é unha necesidade obxectiva para Galicia, se non existise, habería que crealo".

Na presentación do documento, Pontón destacou que o BNG chega á corentena non en crise, senón en "plena forma" e "con máis ganas e nun momento en que a cidadanía mira para o Bloque ""con esperanza", o que lle outorga unha "responsabilidade moi importante".

Pontón tamén destacou que "moitos dos pasos adiante deste últimas catro décadas" en Galicia "lográronse grazas ao empuxe do BNG, man a man cos sectores máis dinámicos, innovadores e inconformistas da sociedade galega".

Acertos e retos

Ademais, a portavoz nacional recoñeceu "acertos e erros" nestes anos, pero afirmou que no que "nunca" se equivocaron é en "saber ao lado no que estar, sempre ao lado de Galicia, sempre confianza no país e na convicción de que, desde fóra, non virá remedio nin esperanza".

A líder do Bloque asegurou tamén que o BNG segue "aberto e coa man tendida a toda a cidadanía que quere construír unha Galicia con futuro, igualdade e poder de decisión".

O traballo audiovisual, no que tamén participou na súa elaboración Lucía Veciño, explícase así mesmo os debates para a definición "antiimperialista" desde a visión dunha Galicia "colonizada" polo "españolismo" ou "periférica", a diferenza do que ocorría con Euskadi ou Cataluña. "Hai 40 anos acertaron quen decidiron crear o BNG coa única dependencia dos galegos. 40 anos despois podemos dicir que acertaron e seguiremos acertando se confiamos en Galicia e o BNG", sentenciou Pontón.

Temas: BNG
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Dos bañistas en el río de Leiro en plena ola de calor - EUROPA PRESS
Enfoque

La Xunta eleva el nivel de alerta sanitaria en el interior de la provincia de Pontevedra por calor

Dieciséis concellos de la provincia de Pontevedra pasan al nivel 2 de alerta sanitaria por temperatura. Algunas zonas de Ourense están en nivel 3

PorMetropolitano
29/06/2025
Enfoque

Piden ocho años de cárcel para un hombre detenido tras la incautación de 53 kilos de heroína en Tui

La Fiscalía también solicita para él siete millones de multa por supuestamente encargar el viaje de la droga de Países Bajos a Galicia

PorEuropa Press
29/06/2025
Enfoque

Muere una persona en Playa América tras ser rescatada del mar

Una persona murió este sábado en Playa América. Los servicios médicos no pudieron hacer nada por salvarle la vida

PorEuropa Press
29/06/2025
Enfoque

Una marea arcoíris planta cara al extremismo en la manifestación del Orgullo de Vigo

"Ante a túa intolerancia, a nosa resistencia", "O fascismo combátese con Orgullo", fueron algunos de los mensajes de la manifestación

PorMetropolitano
28/06/2025
Denis Pallarés, Eva Freire e Óscar Hermida con uno de los monoplazas de temporadas anteriores
( Foto: Universidade de Vigo)
Enfoque

UVigo Motorsport presenta su monoplaza UM25, más potente, ligero y aerodinámico

PorMetropolitano
27/06/2025

Apuesta por primera vez por el etanol como combustible para su monoplaza y para 2026 piensa en un vehículo autónomo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X