O Bloque Nacionalista Galego de Mos vén de esixir a dimisión da concelleira de Servizos Sociais, Sara Cebreiro, por "expoñer" a menores en situación de vulnerabilidade nas redes sociais municipais. O Concello organizou un acto de entrega de regalos de Nadal para familias en risco de exclusión, e publicou nas redes sociais as imaxes do mesmo.
En opinión do BNG, o acto foi “un claro exemplo do que non se debe facer”. Moitas veciñas e veciños expresaron a súa indignación non só pola forma en que estivo organizado o acto, senón tamén pola difusión das fotografías de menores de idade a través das redes sociais. "En vez de entregarlle os agasallos ás familias coa discreción que esixe a xestión dos servizos sociais, o Goberno do PP optou por celebrar un evento, na mañá do 5 de xaneiro, onde as meniñas e os meniños foron pasando, un a un, para recibir os agasallos de mans dos Reis Magos. A reportaxe fotográfica, na que aparecen tamén integrantes do equipo de goberno, foi publicada posteriormente nas redes sociais do Concello, onde moitas persoas cualificaron de “humillante” o trato dispensado ás familias", expresan dende a formación nacionalista.
O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Gustavo Barcia, denuncia que “o PP pretende converter os Servizos Sociais en algo que nunca deben ser, caridade e beneficencia”. Considera que a rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira responsable da área, Sara Cebreiro, realizaron “unha exposición pública innecesaria dunhas familias que están a atravesar unha situación delicada” e lamenta o reiterado uso da imaxe dos menores de idade “para aproveitamento da señora alcaldesa”. O concelleiro nacionalista cre que o acto organizado para o reparto dos agasallos “traspasa todos os límites do que é aceptable” e por iso vai esixir que a concelleira “asuma a súa responsabilidade e deixe de dirixir, con carácter inmediato, a área de servizos sociais, xa que non está á altura do cargo”.
Non é a primeira ocasión en que o BNG denuncia o uso de fotografías de menores de idade e doutros colectivos que merecen especial protección, para uso "partidista e propagandístico", por parte do PP de Nidia Arévalo. Gustavo Barcia xa lle solicitara á alcaldesa, no presente mandato, que moderase “a súa obsesión pola foto” cando fixo, no peor momento da pandemia, “un tour” polas casas dos matrimonios maiores para felicitarlles as vodas de ouro. No próximo pleno presentará unha moción para reclamar que o goberno municipal “deixe de aproveitarse de colectivos vulnerables” e esixirá un maior rigor no uso de fotografías con menores de idade. Xa se pediu por escrito, ademais, a retirada inmediata da publicación sobre a entrega dos regalos e que se comparta, no seu lugar, unha desculpa pública pola forma en que se tratou a estas familias.
Vigo y varios municipios del área marcaron mínimas entre los 20 y los 26º. Así lo reflejan los datos de MeteoGalicia de esta noche
La Xunta ha anunciado el calendario escolar para el curso escolar 2026/27 en Galicia. También cuándo serán las vacaciones
Un motorista murió tras sufrir un accidente cuando circulaba por Redondela. Los servicios médicos no pudieron hacer nada por salvarle
El presidente de la Xunta asegura que el Gobierno autonómico no subvenciona aerolíneas desde 2012: "No se consigue nada"
A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL