O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Concello de Vigo deixou 23 colexios públicos sen persoal municipal de portaría e vixilancia desde o pasado 1 de decembro. A fronte nacionalista esixe ao concelleiro de Educación, Gorka Gómez, que actúe para corrixilo con "carácter urxente" debido ao “grave prexuízo” que supón esta eiva para o funcionamento dos centros.
“Esta situación inaceptábel está obrigando ao profesorado e ao persoal de dirección dos diferentes colexios públicos a teren que asumir, de maneira improvisada, precaria e como sobrecarga, as funcións propias de conserxaría”, subliñou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que chamou a tomar desde o Concello todas as medidas necesarias para garantir no inmediato a reposición deste persoal esencial.
O candidato nacionalista afeou que nin a comunidade educativa nin os centros afectados teñan unha previsión oficial para a volta deste persoal de portaría e vixilancia. Nese sentido, cuestionou que o goberno de Abel Caballero estime solucionar esta carencia dentro de tres meses, en febreiro, prazo trasladado de maneira informal aos propios centros de ensino.
“Non podemos permitilo, menos nun contexto de pleno inverno onde temos que asegurar o correcto funcionamento dos sistemas de calefacción e o debido mantemento das instalacións”, reprochou Igrexas.
Bouzas cuenta, por el momento, con el permiso para instalar una única atracción durante las fiestas que arrancan el viernes
Vigo recupera uno de sus chiringuitos más especiales y ya hay fecha de apertura. Así será su oferta cultural para el verano
El BNG de Vigo indica que la "saturación" que se vive en Urgencias del Cunqueiro se debe a los "recortes" aplicados en los centros de salud
"La casa roja fue testigo de una época que ya forma parte del pasado de Mos; con su desaparición se abre la puerta a un futuro más accesible"
Destacan que esta modalidade ofrece a posibilidade de coñecer as necesidades do tecido empresarial
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL