O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Concello de Vigo deixou sen executar 365.000 euros das partidas destinadas a axudas sociais no ano 2021. A fronte nacionalista vén de reclamar ao Goberno municipal que xustifique o motivo de "ter aforrado en materia de política social cando a cidade atravesa unha situación de grave emerxencia social", con 22.000 persoas no desemprego, preto de 60.000 en risco de exclusión social e pobreza, segundo os datos do índice Arope recollidos polos nacionalistas, e con máis da metade dos fogares vigueses atravesando "moitas dificultades para chegar a fin de mes".
“Non atopamos ningunha explicación para que o Goberno municipal teña deixado de gastar 365.000 euros en partidas para axudas de emerxencia, de vivenda ou alimentación, cando millares de viguesas e vigueses teñen que acudir cada día a comedores sociais ou facer colas da fame en organizacións asistenciais”, criticou o concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas. “Este nivel de inexecución nas partidas de política social poñen en entredito ese cacarexado compromiso social do goberno de Abel Caballero”, engadiu.
Desde o BNG voltaron a insistir na necesidade de que o Concello de Vigo “que conta cun orzamento millonario” mobilice todos os recursos necesarios para se configurar nun “verdadeiro parapeto social”. “Vemos moitos anuncios e grandes titulares, pero as cifras evidencian un compromiso raquítico e insuficiente para protexer ás viguesas e vigueses máis vulnerábeis ou que atravesan dificultades sociais”, lamentou Igrexas.
La antigua fábrica de Conservas Cerqueira se convertirá en un complejo residencial de lujo con espacios para el ocio
El presidente de la Diputación de Pontevedra asegura que "no es una imagen que las Rías Baixas quería transmitir al mundo"
Una de las tiendas más icónicas del Casco Vello de Vigo está a punto de cumplir 10 años. Pero antes ha anunciado un cierre temporal con descuentos
Órdago de Caballero a la Xunta de Galicia: "Si la Xunta rebaja el canon de Sogama bajará la tasa de basura"
Pondo o foco na ditadura franquista e na Transición. O proxecto do investigador Luis Velasco foi seleccionado nunha convocatoria de axudas da USC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL