O Bloque Nacionalista Galego denuncia unha "nova talla inxustificada" de árbores en Vigo a conta das obras de humanización da Avenida Martínez Garrido. A fronte nacionalista vén de anunciar que na vindeira Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello, prevista para este mércores, esixirá explicacións por esta actuación así como unha rectificación da “política arboricida permanente” do goberno de Abel Caballero.
“Non podemos seguir admitindo que se retire arboredo san e de gran porte, que cumpre un papel chave para facer máis habitábel a nosa cidade, unicamente por motivos estéticos”, criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que chamou a poñer fin aos “continuados e arbitrarios atentados naturais” do Goberno municipal do PSOE.
Igrexas salientou que “humanizar as nosas rúas non pode ser desnaturalizalas” e lembrou que “as árbores son fundamentais no ecosistema urbano e non apenas un adorno”. Neste sentido, o edil nacionalista reiterou a necesidade de que o Goberno local aclare os motivos e xustificacións técnicas que avalan este tipo de actuacións, que se veñen repetindo durante os últimos anos en toda a cidade a pesar dunha crecente oposición veciñal. A máis recente, hai escasos días, na próxima Avenida Gregorio Espino.
“Esta política arboricida vai en contra dun desenvolvemento sustentábel da cidade, dun modelo de cidade moderna e de futuro que, en opinión do BNG, só pode ser unha cidade máis verde”, defendeu Igrexas. “Após vivir xornadas de altas temperaturas, as viguesas e os vigueses puidemos comprobar en carne propia a diferenza entre percorrermos rúas arboladas e naturalizadas e facelo por rúas de gris cemento e pedra”, destacou o concelleiro do Bloque.
Vigo celebrará un pleno extraordinario por el caso Saltamontes el 19 de junio. La oposición critica que Caballero no comparecerá
El Códice Calixtino protagonizó uno de los robos más llamativos de la historia de Galicia. Ahora, el papa León XIV recibirá la primera edición facsímil
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL