O Bloque Nacionalista Galego vén de lembrarlle expresamente ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, "a súa obriga legal de asistir e presidir as sesións plenarias". Fano, afirman, ante o risco de que o rexedor “fuxa” do Pleno extraordinario que se celebrará este luns para "abordar as graves irregularidades que envolven o frustrado patrocinio publicitario do concerto de Guns N’ Roses a través do que intentou utilizar irregularmente case 2 millóns de euros de diñeiro público", indican dende a organización.
A través dunha carta e ante as reiteradas ausencias do rexedor no Pleno, o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, recórdalle a Caballero que o Regulamento Orgánico do Pleno e a Lei de Administración Local de Galiza obrígano como alcalde a asistir e presidir as sesións. “Non cumprir con esa obriga legal, como ten sucedido de maneira reiterada, supón un inaceptábel desprezo en contra do máximo órgano de representación democrática da cidade que é o Pleno municipal”, repróchalle.
No escrito, Igrexas insta expresamente ao rexedor a “cumprir coas obrigas que se derivan da súa condición de Alcalde garantindo a súa presenza durante toda a sesión do Pleno”. Aliás, para evitar o intento do Goberno municipal de “amordazar a sesión extraordinaria e atendendo a relevancia dos asuntos así como para favorecer o debate", o portavoz municipal nacionalista solicita que, ao abeiro do artigo 55.5 do Regulamento do Pleno, se dupliquen os tempos de intervención (de 5 a 10 minutos) e mais da quenda de réplica (de 3 a 6) que será partillada polos grupos municipais do BNG e do PP, por seren regulamentaria os promotores da convocatoria.
O Pleno terá que ditaminar tres propostas concretas de acordo, elaboradas polo BNG e ás que se sumou o Grupo Municipal do PP por esixencia do Regulamento Orgánico do Pleno. A primeira será a reprobación do alcalde pola “falla de transparencia e reiteradas falsidades”. A segunda proposta é crear unha Comisión Especial de Investigación para aclarar o sucedido e depurar as responsabilidades políticas. E, por último, abordarase a comparecencia perante o Pleno da concelleira de Contratación e Festas, Patricia Rodríguez Calviño, sobre as xestións realizadas polo Goberno local, en particular, para a licitación do frustrado patrocinio publicitario.
El centro de Vigo perderá dos pequeños inmuebles construidos a finales de los años 30 y actualmente en estado de abandono
El Gobierno avanza los planes para los viajes de mayores del Imserso que incluirán tarifa plana a rentas más bajas y opción de llevar animales
Un nuevo proyecto transformará una superficie de 38.629 metros en Teis. Vigo permitirá construir una gran zona comercial y residencial
"Nos vamos y lo vendemos todo", así se despide un espacio gastronómico de Vigo. Un proyecto que no desaparece, pero sí cierra su local con una liquidación
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL