O Bloque Nacionalista Galego vén de instar ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a tomar medidas para paralizar o novo recheo no Berbés, tras o reinicio dos traballos nos pasados días por parte da Autoridade Portuaria. A fronte nacionalista reitera a súa demanda de poñer fin aos aterramentos na ría viguesa e reclama que o Goberno municipal despregue todas as accións institucionais, administrativas e mesmo xudiciais para frear este “atentado ambiental” que supón cementar 8.300 metros cadrados máis do litoral.
“Abonda de discursos impotentes, é momento de que o Concello de Vigo se comprometa de verdade, con feitos, en defender a nosa ría e o noso medioambiente”, esixiu o concelleiro do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas, que destacou a oposición frontal das nacionalistas a este novo recheo “desde o primeiro momento” coa presentación de numerosas iniciativas para a súa paralización tanto a nivel municipal como no Congreso.
Igrexas salientou que existen antecedentes de aterramentos que non se levaron a cabo pola actuación decidida do Concello, polo que chamou Abel Caballero a pasar dos “lamentos aos feitos”. “Tal e como conseguimos, por exemplo, hai varias décadas o BNG desde a Alcaldía freando aquela ameaza xigantesca do macrorecheo no Areal”, apuntou.
O edil nacionalista recordou que a cidade “xa lle gañou á ría de Vigo tres millóns de metros cadrados ao longo da súa historia”. Unha situación que, valorou, conta cunha gran contestación veciñal. “Hai unha maioría social que entende que o tempo dos recheos rematou, que o futuro da cidade só pode ser verde e pasa tamén por reconciliar Vigo co seu litoral, por deixar de cementar máis e máis metros dese ecosistema tan valioso que é a ría”.
La conselleira María M. Allegue ha calificado de "boicot" del Gobierno a Galicia con la transferencia de la autopista
Piden al delegado del Gobierno una "reunión urgente" y que se ejecute un proyecto que consideran "totalmente paralizado"
Una calle del centro de Vigo se blinda al tráfico y prohíbe el aparcamiento para facilitar el rodaje de la serie de Atresmedia
Los bomberos tuvieron que rescatar al hombre en el tejado y posteriormente fue evacuado al hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Debido ao cambio climático agárdase que cada vez sexan máis frecuentes e de maior impacto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL