O Bloque Nacionalista Galego criticou este xoves o “atraso sine die” que envolve a posta en marcha da plataforma para a venda en liña do comercio local de Vigo, anunciada polo alcalde, Abel Caballero, en abril de 2020. Tras reiterados anuncios e promesas, na actualidade inda non se iniciou nin o proceso de licitación pública.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que “en pleno confinamento, nas primeiras semanas da pandemia”, o alcalde, Abel Caballero, anunciaba “con todo o rebumbio e solemnidade” que se ía poñer en marcha unha plataforma para a comercialización de produtos e servizos en liña, como medio de axudar ao comercio local fronte os reptos da dixitalización. Este “Amazon vigués”, que incluso foi bautizado como "Merca en Vigo" en xullo de 2020, foi presentado en sucesivas roldas de prensa nos últimos meses, mais nada se sabe en concreto do seu desenvolvemento nin en que momento se porá en marcha.
“Nas últimas declaracións do rexedor, en febreiro deste ano, aseguraba que era ‘cuestión de meses’, pero o certo é que a día de hoxe non se iniciou nin o necesario proceso de licitación pública”, advirte Igrexas. “Caballero prometeulle á cidade un ‘Amazon vigués’ pero o que está traendo é unha versión 2.0 das obras do Escorial”, ironizou o portavoz municipal nacionalista.
Para o BNG esta situación volve evidenciar a “política oca, aparencial e de propaganda” que aplica o Goberno municipal, que, denuncian, é "especialmente inxusta" co pequeno e mediano comercio, a pesar de ser un sector de enorme importancia a nivel económico e do emprego para a cidade. “Os e as comerciantes de Vigo son as únicas das sete grandes cidades galegas que non recibiron nin un só euro de axudas directas do seu concello, e iso dispondo dun orzamento record de 354 millóns de euros e a pesar de que o BNG propuxemos a creación de programas de apoio desde o inicio da pandemia”, subliñou Igrexas.
A respeito da "parálise" que envolve o “Amazon vigués”, o concelleiro nacionalista interpelou o Goberno local na última Comisión Informativa de Comercio. “A súa resposta foi un silencio tan clamoroso como clamorosa é a falla dunha política real de apoio ao comercio de Vigo”, remachou Igrexas.
Susto en pleno centro de Vigo por el incendio en un vehículo. El fuego se ha originado junto al nuevo restaurante del entorno del Náutico
CC.OO. celebra la resolución del Supremo, que culmina una campaña destinada a "destapar el fraude" de las falsas cooperativas
Polémica en redes por el logo de Estrella Galicia en las camiseta del Celta. Piden que se adapte como la elástica del Deportivo
Un nuevo bar se estrena en el casco histórico de Tui. La inauguración contará con tapas gratis para presentar su propuesta
Kylie Chen unirase ao grupo de Filoxenómica, liderado polo catedrático David Posada
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL