O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que levarán ao vindeiro Pleno do Concello de Vigo, previsto para o xoves 1 de xullo, unha moción na que demandan a retirada do busto de Juan Carlos I, instalado na entrada da casa consistorial, a retirada de todas as imaxes do Rei Emérito que continúen penduradas en dependencias municipais e que se inicie o proceso para o cambio de nome da Praza do Rei.
"Diante de comportamentos presuntamente corruptos e inmorais, o Rei Emérito merece o reproche e o rexeitamento democrático, tal e como expresaron millares de viguesas e vigueses que fixeron resoar a súa indignación nunha impresionante cazolada o pasado 18 de marzo, en pleno confinamento polo coronavirus", defendeu o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas. Na moción nacionalista fan alusión aos sucesivos escándalos que envolven a figura de Juan Carlos I, desde o caso Noos, a cazaría de elefantes en Bostwana, as revelacións de Corinna Larssen, ou a súa investigación por presuntos de delitos branqueo de capitais, cobros de comisións e fraude fiscal.
Ademais, para o nacionalista resulta "inconcebíbel que en pleno século XXI a xefatura de Estado sexa asumida por razón de sangue e nacemento". Neste sentido, Igrexas apuntou que unha recente proxección demoscópica recolle que "preto de 6 de cada 10 viguesas e vigueses son partidarias da retirada dos retratos de Juan Carlos I, e somos maioría a cidadanía de Vigo que apostamos por unha forma de Estado republicana fronte unha monarquía anacrónica".
O portavoz municipal do Bloque sostén que se trata dunha "cuestión simbólica pero enormemente importante fronte a feitos como presunto comisionismo ilegal e unha conduta nada exemplar require dunha resposta institucional, e non hai ningún motivo para que o busto do Rei Emérito continúe a presidir a praza do Concello". O BNG xa pedira a retirada do busto o pasado mes de marzo e a través desta moción procura un acordo en firme do Pleno.
Premio millonario en Redondela. Un afortunado o afortunada se ha llevado este martes El Millón de Euromillones
Leve respiro en Galicia. Se mantienen activos los grandes incendios pero las hectáreas afectadas no aumentan
Ya se conoce el día de inauguración de la marca nacional que ha escogido la ciudad de Vigo para abrir su primer local en Galicia
"Lo que se está viendo por parte de la TVG es una cobertura sesgada, insuficiente y que no responde a la gravedad de la situación", critican
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL