O BNG de Vigo reclamará este martes na vindeira sesión do Consello que a concelleira María José Caride aclare os motivos polos que o departamento que dirixe deu o visto bo as obras de construcción de chalés en primeira liña de costa en Cabo Estai, que vén de ser anulada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta, recollendo as advertencias formuladas pola veciñanza de San Miguel de Oia e polo propio Bloque.
O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, valorou que esta resolución da APLU esixe que a responsábel de Urbanismo “dea a cara” por ter permitido de maneira “absolutamente incomprensíbel” as obras de acceso á futura “urbanización de chalés VIP”. Após este ditame, explicou, "non só queda revogada a licenza urbanística, tamén terá que ser reposto o vial construído sobre terreos que non eran titularidade dos promotores e que supón unha aberración ambiental a escasos metros do litoral vigués", sinalan.
O candidato nacionalista salientou que o BNG leva advertindo durante meses das "irregularidades" desta urbanización, para a que solicitou sen éxito a paralización cautelar das obras. “Choca que se autorizaran actuacións que incluíron aterramentos a moi poucos metros do mar, ou se teña autorizado instalar unha escaleira de formigón directamente sobre as rochas da fachada costeira de Cabo Estai”, lamentou Igrexas.
O concelleiro do Bloque lembrou ademais que esta autorización foi outorgada “no tempo de desconto”, a poucos días de que se decretase a suspensión de licenzas pola aprobación inicial do novo PXOM. “O BNG temos que reiterar que o tempo da barra libre a nivel urbanístico, sobre todo para favorecer intereses de grandes apelidos, ten que darse xa por rematado na cidade”, remachou.
Una testigo también identificó al principal acusado de incendiar dos autobuses de Vitrasa en Vigo en abril de 2023
Vicio ha abierto por sorpresa su nuevo local en Vigo. Así es la oferta gastronómica de la hamburguesería de Aleix Puig, ganador de Masterchef
Puede que hayas leído que AEMET ha lanzado una alerta por ola de calor en Galicia. Esto es exactamente lo que se sabe por el momento
La comisión, devastada, carga contra el Concello por darles solo 5 días para enmendar errores. El alcalde defiende la decisión "técnica"
De las 67 opciones de la UVigo, siete son de nueva implantación: tres en Vigo, dos en Pontevedra y otros dos en Ourense
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL