O Bloque Nacionalista Galego volveu reiterar hoxe a demanda de que tanto o Concello de Vigo como a Xunta de Galiza tomen medidas e articulen políticas destinadas a facilitar o acceso social á vivenda na cidade. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que a política municipal nesta cuestión se limita a un investimento "ridículo" de 23 céntimos por habitante e ano e que o Goberno galego "non fai absolutamente nada" en materia de vivenda social na principal cidade do País.
Igrexas fíxose eco do último informe publicado polo Observatorio de Recursos Urbanos no que se recolle que a cidade de Vigo dedicou apenas 23 céntimos de euro por habitante o pasado ano en políticas de vivenda. "Esa é a política de Vivenda do Goberno de Abel Caballero, nunha cidade con 4.700 persoas rexistradas como demandantes de vivenda protexida, e onde malia existir 18.500 pisos baleiros producíronse 600 desafiuzamentos o ano pasado sen alternativa habitacional", afeou o portavoz municipal nacionalista.
A esta situación engádese a escalada continuada dos prezos tanto de venda como de alugueiro de vivendas que está a provocar, segundo apunto o edil, que moitas persoas teñan que mudarse a outros concellos por non poder permitirse enfrontar eses custos.
Ao "desleixo" municipal neste ámbito engádese "a nula política de vivenda" despregada pola Xunta na principal cidade de Galicia, a pesar de se tratar dunha competencia de carácter autonómico. "A política da Xunta de Feijóo con Vigo redúcese a lonas publicitarias e propaganda, do resto total abandono", resumiu.
Neste sentido, a fronte nacionalista volveu reclamar que Concello e Xunta actúen e cooperen para poñeren en marcha un Parque Público de Vivenda Social en Vigo, que garanta "o primeiro dereito de calquera cidadá e calquera cidadán que é o de poder habitar a cidade, o de ter un teito baixo o que vivir".
Meteogalicia ha activado en los próximos días diversas alertas por mal tiempo en Vigo. Se esperan intensas lluvias, especialmente el viernes
Vigo se despide de un trozo de su historia. Las obras del Barrio do Cura avanzan con la demolición de este histórico restaurante
Los photocalls de la Navidad comienzan a brotar en Vigo. El Casco Vello recupera una de sus escenas más idílicas
El BNG de Vigo denunció la tala de cinco carballos durante las obras de urbanización del Plan Parcial de Navia
As edicións previas de Cátedra Feminismos permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL